Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Mércores, 24 de maio de 2017 Páx. 25154

III. Outras disposicións

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 3 de maio de 2017 pola que se publica o plan de estudos da titulación oficial de máster universitario en Xeoinformática.

Obtida a verificación do plan de estudos polo Consello de Universidades, logo de informe positivo da Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (Acsuga).

Establecido o carácter oficial do título por Acordo do Consello de Ministros de 25 de setembro de 2015 (publicado no BOE do 21 de outubro de 2015 por Resolución da Secretaría Xeral de Universidades do 2 de outubro de 2015).

Para os efectos do cumprimento do previsto no artigo 35.4 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e na redacción dada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, que establecen que os reitores e as reitoras das universidades deberán ordenar a publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE) e no Diario Oficial de Galicia (DOG), neste caso, do primeiro inciso do apartado 5.1 da Memoria para a solicitude de verificación de títulos oficiais, segundo o anexo I do Real decreto 1393/2007, do 29 de outubro, segundo comunicado do 14 de outubro de 2008, da Subdirección Xeral de Coordinación Académica e Réxime Xurídico do Ministerio de Ciencia e Innovación, relativo á estrutura das ensinanzas, e segundo o artigo 26 do Real decreto 861/2010, do 2 de xullo.

Esta reitoría

RESOLVE:

Publicar o plan de estudos conducente á obtención do título oficial de máster universitario en Xeoinformática pola Universidade de Vigo, que se recolle no anexo a esta resolución.

Vigo, 3 de maio de 2017

Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO

Máster universitario en Xeoinformática

Rama de coñecemento: Enxeñaría e Arquitectura.

Universidades participantes: Vigo e A Coruña.

Cadro 1. Distribución de créditos ECTS segundo tipo de materia.

Tipo de materia

ECTS

Obrigatorias

24

Optativas

18

Prácticas externas

6

Traballo fin de máster

12

Créditos totais

60

Cadro 2. Materias, créditos e módulos do máster.

Materia

ECTS

Carácter

Módulo

Fundamentos de enxeñaría cartográfica

6

Optativo

Fundamentos de xeoinformática

Fundamentos de sistemas de información

6

Optativo

Fundamentos de xeoinformática

Representación de información espacial

6

Obrigatorio

Fundamentos de xeoinformática

Xeoprocesos

6

Obrigatorio

Fundamentos de xeoinformática

Visualización de información espacial

6

Obrigatorio

Fundamentos de xeoinformática

Proxectos SIG

6

Obrigatorio

Fundamentos de xeoinformática

Teledetección e procesado de imaxe

6

Optativo

Módulo de especialización

Redes de sensores

6

Optativo

Módulo de especialización

Desenvolvemento de aplicacións SIG en web

6

Optativo

Módulo de especialización

Desenvolvemento de aplicacións SIG en móbiles

6

Optativo

Módulo de especialización

Prácticas externas

6

Optativo

Prácticas externas

Traballo fin de máster

12

Obrigatorio

Traballo fin de máster

Para a obtención do título de máster universitario en Xeoinformática, o alumnado deberá superar os 60 ECTS dos que consta o máster.