Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Mércores, 24 de maio de 2017 Páx. 25153

III. Outras disposicións

Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLUCIÓN do 2 de maio de 2017 pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no primeiro cuadrimestre do ano 2017.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia, dentro dos vinte primeiros días dos meses de xaneiro, maio e setembro de cada ano, unha relación dos convenios de colaboración subscritos referida ao cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para darlle cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos polo Instituto Galego da Vivenda e Solo no primeiro cuadrimestre do ano 2017 que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 2 de maio de 2017

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANEXO
Convenios de colaboración subscritos polo Instituto Galego da Vivenda e Solo no primeiro cuadrimestre do ano 2017

Convenio

Importe achegado
polo IGVS

Data de sinatura

Convenio entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e Banco Sabadell, S.A. de financiamento de actuacións de rehabilitación en edificios e vivendas.

---

3.3.2017

Convenio entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e Abanca Corporación
Bancaria, S.A. de financiamento de actuacións de rehabilitación en edificios e vivendas.

---

3.3.2017

Convenio entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e Caixa Rural Galega, Sociedade Cooperativa de Crédito Limita Galega, de financiamento de actuacións de rehabilitación en edificios e vivendas.

---

3.3.2017

Convenio entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e Caixabank, S.A. de financiamento de actuacións de rehabilitación en edificios e vivendas.

---

3.3.2017

Convenio de colaboración entre o Instituto Galego da Vivenda e Solo e o Consello da Avogacía Galega para prestar un servizo de asesoramento e orientación xurídica en materia de vivenda.

50.400 €

28.3.2017