De conformidade co establecido no artigo 11 e na disposición derradeira primeira da Orde do 24 de abril de 2017 (DOG do 4 de maio) pola que se convocan os premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2016/17,
DISPOÑO:
Primeiro. Designar os membros do tribunal que deberá elaborar, supervisar e avaliar a proba para a concesión dos premios extraordinarios de bacharelato correspondentes ao curso 2016/17 e facer pública a súa composición, que é a que figura no anexo desta resolución.
Segundo. Fixar a data, horario, lugares de realización das probas e condicións de presentación dos candidatos e das candidatas.
1. As probas celebraranse o día 29 de xuño de 2017 de acordo co seguinte horario:
– 9.30 horas, presentación dos candidatos e das candidatas.
– 10.15 a 12.15 horas, primeira parte da proba.
– 12.45 a 13.45 horas, segunda parte da proba.
2. Centros nos que se realizarán as probas.
Provincia da Coruña:
– CIFP Someso. Rúa Someso nº 6, A Coruña.
Provincia de Lugo:
– IES Sanxillao. Avda. das Fontiñas, nº 171, Lugo.
Provincia de Ourense:
– IES Ramón Otero Pedrayo. Rúa Padre Feixoo, nº 19, Ourense.
Provincia de Pontevedra:
– IES Sánchez Cantón. Avenida Raíña Victoria, Pontevedra.
Terceiro. Presentación dos candidatos e das candidatas.
a) Os candidatos e as candidatas deberán realizar as probas, con carácter xeral, na provincia á que pertenza o centro educativo no que se atope o seu expediente académico. A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa poderá autorizar cambios de sede por causas debidamente xustificadas.
b) Para a realización das probas os candidatos e as candidatas acreditarán a súa identidade co DNI, pasaporte ou calquera outro documento recoñecido en dereito.
Santiago de Compostela, 12 de maio de 2017
Manuel Corredoira López
Director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa
ANEXO
Tribunal:
– Titulares:
Presidenta: María del Carmen Cimadevila Cea, subdirectora xeral de Inspección, Avaliación e Calidade do Sistema Educativo.
Vogal 1: Berta Estrada Arias, inspectora de Educación.
Vogal 2: Federico Pérez Morán, inspector de Educación.
Vogal 3: José Fisteos Suengas, inspector de Educación.
Vogal 4: Pedro Alberto Areal Alonso, inspector de Educación.
– Suplentes:
Presidente: Manuel Vila López, subdirector xeral de Ordenación e Innovación Educativa e Formación do Profesorado.
Vogal 1: Isabel Serna Masiá, inspectora de Educación.
Vogal 2: Faustino Martín González, inspector de Educación.
Vogal 3: Delfín Caseiro Nogueiras, inspector de Educación.
Vogal 4: Manuel Enrique Prado Cueva, inspector de Educación.