Advertido erro no anexo I (versión en galego) da Orde do 16 de maio de 2017 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2017/18, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 96, do 22 de maio de 2017, procede a súa corrección no recadro quinto da páxina 24654:
Onde di: «DATOS DO CENTRO (en que estea admitido o alumnado para o curso 2016/17)»,
Debe dicir: «DATOS DO CENTRO (en que estea admitido o alumnado para o curso 2017/18)»