Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Venres, 26 de maio de 2017 Páx. 25540

III. Outras disposicións

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

DECRETO 52/2017, do 11 de maio, polo que se declara, en concreto, a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polo proxecto de construción do itinerario peonil e ciclista na PO-552. Treitos: Coruxo-Roteas puntos quilométricos 3+28-4+440, A Estea puntos quilométricos 5+660-6+070, Priegue puntos quilométricos 6+910-7+500, de clave PO/16/103.06, nos concellos de Vigo e Nigrán.

Antecedentes:

O 11 de novembro de 2016 publícase no Diario Oficial de Galicia (núm. 215) el Anuncio do 17 de outubro de 2016 polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de construción: itinerario peonil e ciclista na PO-552. Treitos: Coruxo-Roteas (p.q. 3+280-4+440), A Estea (p.q. 5+660-6+070), Priegue (p.q. 6+910-7+500), de clave: PO/16/103.06, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto referenciado.

Posteriormente, e tras a análise dos certificados presentados, o 4 de maio de 2017 se aproba o expediente de información pública e definitivamente o proxecto de construción: itinerario peonil e ciclista na PO-552. Treitos: Coruxo-Roteas (p.q. 3+280-4+440), A Estea (p.q. 5+660-6+070), Priegue (p.q. 6+910-7+500), de clave: PO/16/103.06.

Este proxecto de construción ten por obxecto a mellora da circulación peonil e ciclista nos treitos antes mencionados, mediante a execución duns itinerarios de mobilidade alternativa, nunhas zonas de carácter urbanos e periurbanos.

As obras previstas comprenden tamén as seguintes actuacións:

– Construción dunha senda peonil e ciclista na marxe dereita da estrada PO-552 entre os p.q. 3+280 e 4+440, na marxe esquerda desta entre os p.q. 3+280 e 3+444, denominada senda Coruxo-Roteas. Neste treito tamén se construirá un cambio de sentido na marxe dereita (p.q. 3+520), e mellorarase unha intersección (q.q. 4+180) e as paradas de autobús.

– Construción dunha senda peonil e ciclista na marxe dereita da estrada PO-552 entre os p.q. 5+660 e 6+070, denominada senda A Estea. Neste treito tamén se mellorará a parada de autobús (p.q. 5+830).

– Construción dunha senda peonil e ciclista na marxe dereita da estrada PO-552 entre os p.q. 6+910 e 7+500, denominada senda Priegue. Neste treito tamén se mellorará a drenaxe, na contorna do p.q. 7+100 e a parada de autobús do p.q. 7+470 (marxe dereita).

A competencia para a execución da expropiación forzosa, no ámbito das estradas non incorporadas á rede do Estado, con itinerarios que se desenvolvan integramente no seu territorio, correspóndelle á Comunidade Autónoma de Galicia, ao abeiro do apartado dous do artigo 28 do Estatuto de autonomía de Galicia, aprobado pola Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril.

Correspóndelle ao Consello da Xunta de Galicia, como órgano equivalente ao Consello de Ministros, no ámbito da Administración autonómica, o recoñecemento concreto da utilidade pública e a declaración da urxente ocupación dos bens afectados pola expropiación a que dá lugar a realización da obra, segundo o previsto nos artigos 10 e 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa.

Na súa virtude, por proposta da conselleira de Infraestruturas e Vivenda e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día once de maio de dous mil dezasete,

DISPOÑO:

Artigo único

Declarar, en concreto, a utilidade pública e a necesidade de urxente ocupación para os efectos de expropiación forzosa, dos bens e dereitos que se concretan no expediente administrativo instruído, así como en calquera das modificacións que sexa necesario realizar para a execución do proxecto de construción: itinerario peonil e ciclista na PO-552. Treitos: Coruxo-Roteas (p.q. 3+280-4+440), A Estea (p.q. 5+660-6+070), Priegue (p.q. 6+910-7+500), de clave: PO/16/103.06.

Santiago de Compostela, once de maio de dous mil dezasete

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Ethel Mª Vázquez Mourelle
Conselleira de Infraestruturas e Vivenda