Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Luns, 29 de maio de 2017 Páx. 25794

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos por esta consellería e polo Servizo Galego de Saúde no primeiro cuadrimestre do ano 2017.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro), impón a cada Consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para cumprir esa obriga, por medio da presente resolución dáselle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería de Sanidade e polo Servizo Galego de Saúde nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2017, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 15 de maio de 2017

Alberto Fuentes Losada
Secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade

ANEXO

Convenio

Importe

Data sinatura

Convenio marco de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Ferrol para a promoción da colaboración en materia de formación e coordinación nas emerxencias no ámbito da Estrutura de Xestión Integrada de Ferrol

Sen achega económica

21.9.2016

Acordo de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e Roche Farma para a participación na conmemoración do 25 aniversario das transferencias sanitarias á Comunidade Autónoma de Galicia

Sen achega económica

30.11.2016

Convenio de colaboración entre la Fundación Dialnet da Universidade da Rioxa, a Consellería de Sanidade de la Xunta de Galicia e o Servizo Galego de Saúde

Sen achega económica

2.12.2016

Acordo de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a entidade Boehringer Ingelheim España, S.A. para a participación no patrocinio do documental sobre a evolución dos 25 anos das transferencias sanitarias á Comunidade Autónoma de Galicia

Sen achega económica

12.12.2016

Acordo de prórroga ao convenio de colaboración de voluntariado entre o Servizo Galego de Saúde (Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras) e a Fundación Valdegodos

Sen achega económica

21.12.2016

Acordo de prórroga ao convenio de colaboración de voluntariado entre o Servizo Galego de Saúde (Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras) coa Fundación Benéfica Nosa Señora de Fátima

Sen achega económica

21.12.2016

Acordo de colaboración e prórroga para o ano 2017 do convenio de colaboración polo que se formaliza a encomenda de xestión da Dirección Xeral da Mutualidade Xeral de Funcionarios Civís do Estado á Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia, para a prestación de funcións de asesoramento e informe

Sen achega económica

30.12.2016

Acordo de prórroga e actualización para o ano 2017 do convenio de colaboración asinado o 21 de novembro de 2002, entre o Servizo Galego de Saúde e a Mutualidade Xeral de Funcionarios Civís do Estado, o Instituto Social das Forzas Armadas e a Mutualidade Xeral Xudicial, para la prestación en zonas rurais de determinados servizos sanitarios aos mutualistas e demais beneficiarios adscritos a entidades de seguro de asistencia concertada coas ditas mutualidades.

Sen achega económica

30.12.2016

Convenio marco de colaboración entre a Consellería de Sanidade e a Federación Española de Industrias de Alimentación e Bebidas para promoción dunha alimentación saudable na poboación da Comunidade Autónoma de Galicia

Sen achega económica

13.1.2017

Convenio de cooperación entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Forcarei sobre asunción dos custos de mantemento do Centro de Saúde de Forcarei

Sen achega económica

25.1.2017

Convenio de cooperación entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Ribadumia sobre asunción dos custos de mantemento do Centro de Saúde de Ribadumia

Sen achega económica

27.1.2017

Convenio de cooperación entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Poio sobre asunción dos custos do Centro de Saúde de Anafáns

Sen achega económica

27.1.2017

Convenio de cooperación entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Redondela sobre asunción dos custos de mantemento do Centro de Saúde de Chapela

Sen achega económica

3.2.2017

Convenio de cooperación entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e o Concello da Peroxa sobre asunción dos custos de mantemento do Centro de Saúde da Peroxa

Sen achega económica

4.2.2017

Convenio de cooperación entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Folgoso do Courel sobre asunción dos custos de mantemento do Centro de Saúde de Folgoso do Courel

Sen achega económica

7.2.2017

Convenio de cooperación entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Meira sobre asunción dos custos de mantemento do Centro de Saúde de Meira

Sen achega económica

7.2.2017

Convenio de cooperación entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Xove sobre asunción dos custos de mantemento do Centro de Saúde de Xove

Sen achega económica

7.2.2017

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Escola Superior de Enfermería Dr. José Timóteo Montalvão Machado (Chaves) para a realización de prácticas de estudantes de enfermaría nos centros sanitarios da Estrutura de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras.

Sen achega económica

12.2.2017

11ª addenda ao convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Fundación Ramón Domínguez para a xestión do proxecto de investigación Personalises risk assessment in febrile illness to optimise real-life management across the European Union (Perform)

Sen achega económica

14.2.2017

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Cidadá de Loita contra a Droga da Coruña (Aclad) para o desenvolvemento da asistencia a pacientes con trastornos aditivos relacionados con dependencias non alcohólicas

1.450.614,00 €

21.2.2017

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Ferrolá de Drogodependencias (Asfedro) para o desenvolvemento da asistencia a pacientes con trastornos aditivos relacionados con dependencias non alcohólicas

803.840,00 €

21.2.2017

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Cidadá de Loita contra a Droga Alborada para o desenvolvemento da asistencia a pacientes con trastornos aditivos relacionados con dependencias non alcohólicas

1.291.763,00 €

21.2.2017

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Fundación Monte do Gozo para o desenvolvemento do programa terapéutico-educativo Proxecto Home de atención e rehabilitación de drogodependentes

819.558,00 €

21.2.2017

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Exalcohólicos de Ferrolterra para o desenvolvemento da asistencia a pacientes con trastornos aditivos de dependencia relacionados co alcohol, o tabaco, o xogo e outras dependencias sen substancia

95.485,00 €

21.2.2017

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Ex-alcohólicos Luis Miguel Morás da Coruña para o desenvolvemento da asistencia a pacientes con trastornos aditivos de dependencia relacionados co alcohol, tabaco, xogo e outras dependencias sen substancia

170.073,00 €

21.2.2017

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación As Burgas para o tratamento e rehabilitación do enfermo alcohólico para o desenvolvemento da asistencia a pacientes con trastornos aditivos de dependencia relacionados co alcohol, tabaco, xogo e outras dependencias sen substancia

148.502,00 €

21.2.2017

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Viguesa de Alcoholoxía Asvidal para o desenvolvemento da asistencia a pacientes con trastornos aditivos de dependencia relacionados co alcohol, tabaco, xogo e outras dependencias sen substancia

175.383,00 €

21.2.2017

Acordo de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e Astrazeneca Farmacéutica Spain, S.A., para o desenvolvemento da estratexia galega de atención aos pacientes en condicións crónicas

Sen achega económica

23.2.2017

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación de Pais de Nenos con Problemas Psicosociais Aspaneps para a realización do programa de atención a saúde mental infantoxuvenil na área de Ferrol

141.169,00 €

2.3.2017

Convenio marco de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a entidade Celgene, S.L. Unipersonal, para o desenvolvemento de actividades de promoción do coñecemento en saúde

Sen achega económica

2.3.2017

Addenda ao convenio de colaboración subscrito o día 14 de marzo de 2014 entre o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Consellería de Sanidade da Comunidade Autónoma de Galicia para a realización de actuacións conxuntas en relación cos traballadores afectos de patoloxías derivadas da utilización laboral do amianto

Sen achega económica

2.3.2017

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde, a Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde e Celgene S.L. Unipersonal, para o desenvolvemento da promoción da innovación e investigación en saúde Transformas

Sen achega económica

9.3.2017

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela para a organización da prestación farmacéutica na Residencia Meu Lar

Sen achega económica

10.3.2017

Convenio de cooperación entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Boiro sobre asunción dos custos do Centro de Saúde de Boiro

Sen achega económica

14.3.2017

Convenio de cooperación entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Brión sobre asunción dos custos do Centro de Saúde de Brión

Sen achega económica

14.3.2017

Convenio de cooperación entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Touro sobre asunción dos custos do Centro de Saúde de Touro

Sen achega económica

14.3.2017

Convenio de cooperación entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Silleda sobre asunción dos custos do Centro de Saúde de Silleda

Sen achega económica

14.3.2017

Convenio de cooperación entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e o Concello das Pontes de García Rodríguez sobre asunción dos custos de mantemento do Centro de Saúde das Pontes de García Rodríguez

Sen achega económica

20.3.2017

Convenio de cooperación entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Mondariz sobre asunción dos custos de mantemento do Centro de Saúde de Mondariz

Sen achega económica

20.3.2017

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e o Concello da Laracha sobre asunción dos custos de mantemento do Centro de Saúde da Laracha

Sen achega económica

20.3.2017

Convenio de colaboración entre a Consellería de Sanidade, o Servizo Galego de Saúde e o Concello de Mugardos sobre asunción dos custos de mantemento do Centro de Saúde de Mugardos

Sen achega económica

20.3.2017

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia (Feafes Galicia) para o desenvolvemento dun programa de captación e atención precoz a familiares coidadores en primeiros episodios de enfermidade mental grave e persistente, e colaboración na formación continua dirixida aos profesionais de centros sociosanitarios vinculados a Consellería de Traballo e Benestar

18.182,00 €

30.3.2017

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental de Galicia (Feafes Galicia) para o desenvolvemento dunha serie de actividades de formación, información e apoio aos enfermos mentais e aos seus familiares e do programa Coidamos de ti

81.852,00 €

30.3.2017

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Itínera, Voluntarios en Saúde Mental para a realización de programas de fomento e formación do voluntariado no campo da enfermidade mental para o favorecemento dunha sociedade inclusiva

15.227,00 €

30.3.2017

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Galega para a Asistencia e Investigación dos Trastornos da Personalidade para o desenvolvemento dunha serie de actividades de información e apoio aos enfermos e familiares

34.324,00 €

30.3.2017

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Federación Autismo de Galicia para o desenvolvemento de actividades de formación e sensibilización no ámbito sanitario

10.607,00 €

30.3.2017

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Antonio Noche para o desenvolvemento de programas de incorporación social a pacientes con trastornos aditivos. Programa de atención xurídico-social

24.184,00 €

30.3.2017

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Atox para o desenvolvemento de programas de incorporación social a pacientes con trastornos aditivos. Programa de atención xurídico-social

24.184,00 €

30.3.2017

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Érguete para o desenvolvemento de programas de incorporación social a pacientes con trastornos aditivos. Programa de atención xurídico-social

133.280,00 €

30.3.2017

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Renacer para o desenvolvemento de programas de incorporación social a pacientes con trastornos aditivos. Programa de atención xurídico-social

14.143,00 €

30.3.2017

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Rexurdir provincial para o desenvolvemento de programas de incorporación social a pacientes con trastornos aditivos. Programa de atención xurídico-social

20.488,00 €

30.3.2017

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Vieiro para o desenvolvemento de programas de incorporación social a pacientes con trastornos aditivos. Programa de atención xurídico-social

6.000,00 €

30.3.2017

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Fundación Érguete-integración para o desenvolvemento de programas de incorporación social a pacientes con trastornos aditivos (programa Itínere)

91.927,00 €

30.3.2017

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Asociación Aliad-ultreia para o desenvolvemento de programas de incorporación social a pacientes con trastornos aditivos. Programa atención xurídico-social

42.428,00 €

30.3.2017

Acordo de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a entidade Astrazeneca Farmacéutica Spain, S.A. para a participación na produción e edición do documental sobre a evolución dos 25 anos das transferencias sanitarias a Comunidade Autónoma de Galicia

Sen achega económica

3.4.2017

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Federación de Asociacións Galegas de Familiares de Enfermos de Alzhéimer (Fagal) para o desenvolvemento dunha serie de actividades de información e apoio aos familiares e coidadores.

62.177,00 €

20.4.2017

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Federación de Alcohólicos Rehabilitados de Galicia (Farga) para o desenvolvemento de actividades de formación, información, asesoramento e apoio a pacientes e familiares/coidadores.

22.392,00 €

20.4.2017

Convenio de colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e a Federación Galega de Enfermidades Raras e Crónicas (Fegerec) para o desenvolvemento de actividades destinadas a mellorar a situación de saúde e calidade de vida das persoas afectadas por enfermidades raras e crónicas, no ámbito sanitario.

28.028,00 €

20.4.2017

Convenio colaboración entre o Servizo Galego de Saúde e o Laboratorio Bayer Hispania, S.L. para a promoción de actividades de formación

Sen achega económica

21.4.2017