O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.
En consecuencia, e para lle dar cumprimento a esa obriga,
DISPOÑO:
Artigo único
Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Secretaría Xeral da Emigración nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2017 e que se incorpora como anexo a esta resolución.
Santiago de Compostela, 18 de maio de 2017
Antonio Rodríguez Miranda
Secretario xeral da Emigración
ANEXO
Nome |
Obxecto |
Contía |
Data de sinatura |
Convenio de colaboración coa Hermandad Gallega de Valencia |
Contribuír á atención das necesidades socioasistenciais básicas dos cidadáns galegos residentes en Valencia (Venezuela) |
20.000,00 € |
3.3.2017 |
Convenio de colaboración coa Hermandad Gallega de Venezuela |
Contribuír á atención das necesidades sociosanitarias e asistenciais básicas dos cidadáns galegos residentes en Caracas (Venezuela) |
30.000,00 € |
3.3.2017 |
Convenio de colaboración coa Hermandad Gallega de Venezuela |
Mantemento dunha oficina de información e asesoramento en Caracas |
20.000,00 € |
3.3.2017 |
Convenio de colaboración coa Fundación España Salud |
Contribuír á atención das necesidades sociosanitarias e asistenciais básicas dos cidadáns galegos residentes en Venezuela |
70.000,00 € |
3.3.2017 |
Convenio de colaboración coa Federación de Sociedades Gallegas de Cuba |
Mantemento da oficina de información e asesoramento en Cuba e dos puntos de información provinciais |
60.000,00 € |
28.3.2017 |
Convenio de colaboración coa Casa de España en Río de Xaneiro |
Contribuír á atención das necesidades socioasistenciais básicas dos cidadáns galegos residentes en Río de Xaneiro (Brasil) |
40.000,00 € |
25.3.2017 |
Convenio de colaboración coa Arquidiocese de Santiago de Compostela |
Contribuír ao financiamento dos gastos derivados da consulta e expedición de certificados acreditativos da súa ascendencia galega aos emigrantes galegos e aos seus descendentes |
10.000,00 € |
18.4.2017 |
Convenio de colaboración coa Diocese de Lugo |
Contribuír ao financiamento dos gastos derivados da consulta e expedición de certificados acreditativos da súa ascendencia galega aos emigrantes galegos e aos seus descendentes |
2.500,00 € |
18.4.2017 |
Convenio de colaboración coa Diocese de Mondoñedo-Ferrol |
Contribuír ao financiamento dos gastos derivados da consulta e expedición de certificados acreditativos da súa ascendencia galega aos emigrantes galegos e aos seus descendentes |
2.500,00 € |
17.4.2017 |
Convenio de colaboración coa Diocese de Ourense |
Contribuír ao financiamento dos gastos derivados da consulta e expedición de certificados acreditativos da súa ascendencia galega aos emigrantes galegos e aos seus descendentes |
4.000,00 € |
17.4.2017 |
Convenio de colaboración coa Diocese de Tui-Vigo |