Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Mércores, 31 de maio de 2017 Páx. 26353

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 de Reforzo da Coruña

EDICTO (DSP 887/2016).

Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 de reforzo da Coruña, fai saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 887/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Brais Oliveira Sanjurjo contra ATUNICE, S.A. e Fogasa sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

Xuíz: Javier López Cotelo

Procedemento: despedimento 887/2016.

Auto.

A Coruña, 24 de abril de 2017

Único. Nos presentes autos ditouse sentenza o 16-3-17. O demandante solicitou a rectificación da dita sentenza nos termos recollidos no escrito presentado con data do 12.4.2017.

Fundamentos de dereito.

Único. É evidente o erro aritmético apreciado pola parte demandante no cálculo indemnizatorio dos salarios de trámite, segundo a propia operación matemática sinalada e tendo en conta o salario diario e os días transcorridos entre o 16.8.2016 e a data de sentenza (213 días).

Mediante a corrección do dito erro, os salarios de trámite que a empresa debe aboar ao traballador ascenden á suma de 9.374,13 euros –44,01 euros × 213 días–.

Parte dispositiva.

– Procede a corrección do erro aritmético observado na sentenza ditada no presente procedemento, de maneira que:

a) No fundamento de dereito II, in fine, onde di: «39.917,07 euros», debe dicir: «9.374,13».

b) Na resolución, no número 3º, onde di: «a cantidade de 39.917,07 euros», debe dicir: «a cantidade de 9.374,13 euros».

Contra esta resolución non cabe ningún recurso.

Así o pronuncia, manda e asina Javier López Cotelo, xuíz do Xulgado de reforzo da Coruña.

E para que sirva de notificación en legal forma a ATUNICE, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 24 de abril de 2017

A letrada da Administración de xustiza