Mediante a Orde do 3 de abril de 2017, e consonte co disposto no Decreto 4/2007, do 18 de xaneiro, que regula no seu capítulo VI o réxime electoral dos consellos reguladores, convocáronse eleccións e ditáronse as normas para a renovación dos órganos de goberno de determinados consellos reguladores do ámbito agroalimentario, entre os cales está o Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras (DOG núm. 67, do 5 de abril).
A Xunta Electoral do proceso, constituída por representantes da Administración, das organizacións profesionais agrarias máis representativas e de representantes das asociacións empresariais, na súa reunión do 29 de maio de 2017 acordou, como consecuencia de distintos recursos presentados sobre os censos aprobados polo Pleno do Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras, retrotraer o proceso electoral nas eleccións aos órganos de goberno dese consello, porque o Pleno do dito consello regulador adoptou unha serie de decisións que provocaron a exclusión do censo dun número importante de persoas, sen que se lles dese a posibilidade de defensa ante esta decisión.
O proceso electoral retrotraerase ao momento de exposición dos censos provisionais e autorízase a Administración para que acurte o máximo posible os prazos que constan no dito calendario, para posibilitar que as eleccións a este consello regulador se celebren o mesmo día das eleccións aos órganos de goberno dos restantes consellos reguladores.
Polo anterior, logo da decisión da Xunta Electoral e no uso das facultades que me confire o citado Decreto 4/2007, do 18 de xaneiro,
DISPOÑO:
Primeiro. Aprobar o novo calendario electoral para a renovación dos órganos de goberno do Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras, que consta como anexo desta orde.
Segundo. Mantense como data de inicio de presentación de candidaturas a expresada no calendario contido na Orde do 3 de abril de 2017.
Terceiro. Este calendario produce efectos desde o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 30 de maio de 2017
Ángeles Vázquez Mejuto
Conselleira do Medio Rural
ANEXO I
Calendario electoral
Día (*) |
Fase do proceso electoral |
|
31.5.2017 |
Me |
Inicio da exposición dos censos provisionais e do prazo para reclamacións sobre estes. |
2.6.2017 |
Ve |
Último día de prazo para a presentación de reclamacións sobre os censos ante o Consello Regulador |
5.6.2017 |
Lu |
Data límite para a resolución das reclamacións sobre o censo polo Pleno do Consello Regulador. |
7.6.2017 |
Me |
Fin do prazo de presentación de recursos sobre os censos ante a Xunta Electoral. |
8.6.2017 |
Xo |
Data límite para a resolución dos recursos sobre os censos pola Xunta Electoral. |
9.6.2017 |
Ve |
Exposición dos censos definitivos. |
9.6.2017 |
Ve |
Fin do prazo de presentación de candidaturas ante o Consello Regulador. |
13.6.2017 |
Ma |
Proclamación provisional de candidaturas polo Pleno do Consello Regulador e exposición pública. Primeiro sorteo para a designación dos membros das mesas. |
15.6.2017 |
Xo |
Fin do prazo de presentación de reclamacións sobre a proclamación de candidatos ante o Consello Regulador. |
19.6.2017 |
Lu |
Data límite para a resolución das reclamacións polo Pleno do Consello Regulador. |
21.6.2017 |
Me |
Fin do prazo de presentación de recursos sobre a proclamación de candidatos ante a Xunta Electoral. |
26.6.2017 |
Lu |
Data límite para a resolución dos recursos anteriores pola Xunta Electoral e proclamación definitiva dos candidatos. |
28.6.2017 |
Me |
Fin do prazo de presentación de acordos electorais polas candidaturas. |
29.6.2017 |
Xo |
Comezo da campaña electoral. |
7.7.2017 |
Ve |
Fin da campaña electoral. |
9.7.2017 |
Do |
Constitución das mesas electorais e votación. |
11.7.2017 |
Ma |
Proclamación de vogais electos pola Xunta Electoral. |
14.7.2017 |
Ve |
Fin do prazo de presentación de recursos sobre a proclamación de vogais electos. |
19.7.2017 |
Me |
Data límite para a resolución dos recursos sobre a proclamación de vogais electos. |
17.7.2017 a 28.7.2017 |
Lu |
Toma de posesión dos vogais electos. Pleno constitutivo e proposta de persoas candidatas para ocupar a presidencia e vicepresidencia ou vicepresidencias. |
(*) Nas fases que comprenden varios días, refírese ao último día do prazo, que remata este ás 14.00 horas dese día para os efectos de presentación de escritos, reclamacións, recursos e outra documentación.