Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Mércores, 31 de maio de 2017 Páx. 26406

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 25 de maio de 2017 pola que se modifica a data límite de presentación de ofertas da licitación do expediente 2017/1009, anunciada pola Resolución do 10 de maio de 2017 (publicada no Diario Oficial de Galicia número 97, do 23 de maio).

Advertido un erro no anexo ao prego de cláusulas administrativas particulares do expediente de licitación número 2017/1009, anunciada pola Resolución do 10 de maio de 2017, os licitadores poden consultar a documentación corrixida no enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.udc.es/contratacionadministrativa/consulta_licitacions/

Esta corrección afecta o punto «Presentación de ofertas: a) data límite de presentación» que será, de luns a venres, antes das 14.00 horas, do décimo quinto día natural e que empezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 25 de maio de 2017

O reitor da Universidade da Coruña
P.D. (Resolución do 12.1.2016)
Ramón del Valle López
Xerente da Universidade da Coruña