Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Mércores, 31 de maio de 2017 Páx. 26407

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 22 de maio de 2017 pola que se anuncia procedemento aberto, mediante tramitación ordinaria, para a contratación do servizo de secuenciación masiva de xenomas completos tumorais humanos (expediente 316/17).

1. Entidade adxudicadora. Datos xerais e datos para a obtención da información.

a) Organismo: Universidade de Vigo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

c) Obtención de documentación e información:

• Dependencia: Servizo de Xestión Económica e Contratación.

• Dirección: Edificio de Xerencia-Servizos Centrais. Campus As Lagoas-Marcosende.

• Localidade e código postal: 36310 Vigo.

• Teléfono: 986 81 35 56.

• Telefax: 986 81 38 57.

• Correo electrónico: alabel@uvigo.es

• Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.tablon2.uvigo.es/index.asp?idm_abr=ga

• Data límite de obtención de documentación e información: ata a data de remate do prazo de presentación de ofertas.

d) Número do expediente: 316/17.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizos.

b) Descrición: Servizo de secuenciación masiva de xenomas completos tumorais humanos.

c) División por lotes e número de lotes: non procede.

d) Lugar de execución/entrega:

• Campus de As Lagoas-Marcosende. Facultade de Bioloxía/Departamento de Bioquímica, Xenética e Inmunoloxía.

e) Prazo de execución: de acordo co punto 6 da folla resumo de características, o prazo máximo de entrega de resultados por cada mostra/s a secuenciar será de 60 días naturais desde a recollida de mostras polo mensaxeiro (que será por conta da contrata) (ver PPT) ata a data efectiva de entrega.

f) Admisión de prórroga: non.

g) CPV: 73100000-3 (servizos de investigación e desenvolvemento experimental).

h) CPA: 74.90 (outros servicios profesionais, científicos e técnicos n.c.o.p.).

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación ordinaria.

b) Procedemento aberto.

c) Criterios de adxudicación: os indicados no apartado 16 da folla resumo de características do prego:

• Oferta económica (criterio automático): 50 puntos.

• Mellora da profundidade mínima de secuenciación de xenoma humano tumoral por mostra (criterio automático): 30 puntos.

• Redución dos prazos máximos de entrega (criterio automático): 10 puntos.

• Mellora do tamaño mínimo de lecturas Paired-End (criterio automático): 10 puntos.

4. Valor estimado do contrato: 75.000 euros.

5. Importe de licitación.

Gasto máximo autorizado sen IVE:

• 1.500 € (por mostra).

6. Garantías exixidas.

• Provisional: non se exixe.

• Definitiva: 3.750 €.

• Complementaria: non se exixe.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Solvencia económica financeira e solvencia técnica e profesional: as que se indican respectivamente nos apartados 11 e 12 da folla de resumo de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Outros requisitos específicos: os indicados no apartado 13 da folla de resumo de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o décimo quinto día natural seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, ata as 14.00 horas.

b) Modalidade de presentación: papel, dous sobres A e C.

c) Lugar de presentación:

• Dependencia: Rexistro Xeral da Universidade de Vigo.

• Enderezo: Edificio de Xerencia de Servizos Centrais, planta baixa. Praza de Erasmus, s/n, campus As Lagoas-Marcosende.

• Localidade e código postal: Vigo 36310.

• Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses.

9. Apertura de ofertas.

a) Descrición: sesión pública para sobre C na sala de xuntas de Xerencia da Universidade de Vigo.

b) Enderezo: Edificio de Xerencia e Servizos Centrais, 2ª andar. Praza de Erasmus, s/n, campus As Lagoas-Marcosende.

c) Localidade e código postal: Vigo 36310.

d) Data e hora: publicarase no perfil do contratante da Universidade de Vigo.

10. Gastos de publicidade: serán por conta do adxudicatario. Aproximadamente: 1.250 euros.

Vigo, 22 de maio de 2017

O reitor da Universidade de Vigo
P.D. (Resolución do 7.5.2014; DOG do 13 de maio)
Manuel Fernández Jáuregui
Xerente da Universidade de Vigo