Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Mércores, 31 de maio de 2017 Páx. 26333

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (PO 504/2016).

María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 504/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ricardo Souto Budiño contra Exclusivas Gigamóvil, S.L. e Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, se ditou auto de desistencia cuxa parte dispositiva di:

Dispoño:

Considerar que Ricardo Souto Budiño desiste da súa demanda fronte a Exclusivas Gigamóvil, S.L. e Fondo de Garantía Salarial, en materia de reclamación de cantidade.

Arquivar as actuacións unha vez que sexa firme esta resolución.

E para que sirva de notificación en legal forma a Exclusivas Gigamóvil, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 8 de maio de 2017

A letrada da Administración de xustiza