En cumprimento do disposto no artigo 4.8 do Decreto 67/2007, do 22 de marzo, polo que se regula o Catálogo galego de árbores senlleiras, modificado polo Decreto 10/2015, do 22 de xaneiro, polo que se modifica o Decreto 67/2007, do 22 de marzo, polo que se regula o Catálogo galego de árbores senlleiras,
RESOLVO:
Facer pública a inclusión dos seguintes exemplares no Catálogo galego de árbores senlleiras, mediante Resolución do 16 de maio de 2017, da Dirección Xeral de Patrimonio Natural:
Data de solicitude: 18.3.2016.
Código: 149A.
Nome da árbore: Ombú do Castro.
Especie: Phytolacca dioica L.
Localidade: Vigo.
Concello: Vigo.
Provincia: Pontevedra.
Coordenadas X/Y (UTM ETRS89 fuso 29): 522.641/4.675.127.
Motivos da catalogación: dimensións e importancia histórica e cultural.
Data de solicitude: 1.6.2015.
Código: 32F.
Nome da formación: Faias de San Xoán de Lagostelle.
Especie: Fagus sylvatica L.
Localidade: San Xoán de Lagostelle.
Concello: Guitiriz.
Provincia: Lugo.
Coordenadas X/Y (UTM ETRS89 fuso 29): 590.052/4.781.501.
Motivos da catalogación: dimensións.
Santiago de Compostela, 16 de maio de 2017
Ana María Díaz López
Directora xeral de Patrimonio Natural