Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Luns, 5 de xuño de 2017 Páx. 27126

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social, Sección Primeira)

EDICTO (RSU 4621/2016 BPB).

Secretaria Sra. Barrio Calle-BPB

Tipo e número de recurso: rsu recurso suplicación 4621/2016

Xulgado de orixe/autos: procedemento ordinario 916/2012 Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

Recorrente: José Botana Fuentes

Avogada: Cristina Esparís Ferreiro

Procurador: Jesús Ángel Sánchez Vila

Recorrido: Reale Seguros Generales, S.A.

Avogado/a: Carlos González-Novo Martínez

Procurador: Benjamín Victorino Regueiro Muñoz

Recorrido: Joyfra Aluminios, S.L. (BOP)

Recorrido: Fogasa

M. Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento recurso suplicación 4621/2016 desta sección, seguido por instancia de José Botana Fuentes contra Fogasa, Reale Seguros Generales, S.A., Joyfra Aluminios, S.L., sobre outros dereitos seguridade social, se ditou a resolución cuxa parte dispositiva é do teor literal que segue:

«Resolvemos:

Que desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación letrada de José Botana Fuentes contra a sentenza do 14 de xullo de 2016, ditada polo Xulgado do Social número 2 de Santiago, no proceso sobre danos e perdas promovido polo recorrente contra a empresa Joyfra Aluminios, S.L. e contra a compañía Reale Seguros, debemos confirmar e confirmamos a sentenza impugnada.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data da notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 35, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Joyfra Aluminios, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 25 de abril de 2017

A letrada da Administración de xustiza