Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Luns, 5 de xuño de 2017 Páx. 27125

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (4328/2015).

Eu, M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 4328/2015 desta sección, seguido por instancia de Fogasa contra Irene Cabanas González, administración concursal de Pescados Juan Fernández, S.L.U. e Pescados Juan Fernández, S.L., sobre despedimento disciplinario, a Sala do Social do Tribunal Supremo ditou, con data do 5 de abril de 2017, a seguinte resolución:

«Resolvo: por todo o exposto, en nome do rei e pola autoridade que lle confire a Constitución, esta sala decidiu desestimar o recurso de casación para a unificación de doutrina interposto polo Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) contra a Sentenza ditada pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, do 29 de xaneiro de 2016 (peza 4328/2015), ditada no recurso de suplicación formulado pola dita parte contra a Sentenza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, do 8 de abril de 2015, nos autos 965/2015, seguidos por instancia de Irene González Cabanas contra Pescados Juan Fernández, S.L. Sen custas. Notifíqueselles esta resolución ás partes e insírase na colección lexislativa. Así se acorda e asina».

Para que sirva de notificación en legal forma a Pescados Juan Fernández, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 12 de maio de 2017

A letrada da Administración de xustiza