Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Luns, 5 de xuño de 2017 Páx. 27130

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 da Coruña

EDICTO (940/2015).

Eu, María Blanco Aquino, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 da Coruña, fago saber que no Xulgado do Social número 1 da Coruña, procedemento PO 940/2015, se ditou Resolución do 10 de maio de 2017 dirixida a Proyectos Constructivos del Norte, S.L. (Proconor) que poderá interpor os oportunos recursos de suplicación no prazo de cinco días. Fáiselle saber que no dito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro do acto.

Para que sirva de notificación en legal forma a Proyectos Constructivos del Norte, S.L. (Proconor), en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 10 de maio de 2017

A letrada da Administración de xustiza