Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Luns, 5 de xuño de 2017 Páx. 27131

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (PO 956/2014).

María Adelaida Egurbide Margañón, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 956/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Josefa Piñeiro Baldomir contra a empresa Avipaco, S.L. e Francisco Barizo Puñal e coa intervención do Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxo encabezamento e parte dispositiva se xuntan:

Sentenza.

A Coruña, 24 de febreiro de 2017

Jorge Hay Alba, maxistrado do Xulgado do Social número 2 da Coruña, tendo visto os presentes autos seguidos neste xulgado co nº 956/2014, en que foron parte, dun lado, como demandante, Josefa Piñeiro Baldomir, con DNI 76340339G, asistida polo letrado Jaime López Dequidt e, como demandados, a mercantil Avipaco, S.L. e Francisco Barizo Puñal, que non comparecen malia estaren citados en legal forma, e coa intervención do Fogasa, que non comparece malia estar citado en legal forma, sobre reclamación de cantidade, pronunciou, no nome do rei, a seguinte sentenza:

Resolución.

Que, estimando a demanda interposta pola demandante Josefa Piñeiro Baldomir, con citación do Fogasa, debo condenar e condeno a empresa Avipaco, S.L. a que lle aboe ao demandante a cantidade de 738,90 euros polos conceptos reclamados na demanda.

Notifíquese esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra ela non cabe recurso de suplicación.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma á mercantil Avipaco, S.L. e a Francisco Barizo Puñal, en ignorado paradoiro ambos, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 11 de maio de 2017

A letrada da Administración de xustiza