Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Luns, 5 de xuño de 2017 Páx. 27136

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (DSP 271/2017).

DSP despedimento/cesamentos en xeral 271/2017

Procedemento orixe: /

Sobre despedimento

Demandante: José Andrés Vázquez López

Avogada: Rosa María González Basalo

Demandados: Plan C Restauración, S.L., Fogasa

Eu, María Jesús Hernando Arenas, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 271/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Andrés Vázquez López contra Plan C Restauración, S.L., Fogasa sobre despedimento, foi ditada a sentenza cuxa parte dispositiva di:

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de despedimento foi interposta por José Andrés Vázquez López, contra a entidade Plan C Restauración, S.L. e, en consecuencia, debo declarar e declaro improcedente o despedimento de que a demandante foi obxecto na data do 5 de febreiro de 2017, e debo declarar e declaro extinguida a relación laboral que unía as partes, desde a data da presente resolución (26.4.2017) ao cesar na súa actividade a anterior entidade, e condeno a entidade Plan C Restauración, S.L. ao aboamento dunha indemnización por despedimento a razón de 1.228,28 €, e por salarios de tramitación a razón de 1.701,51 €.

Que debo admitir e admito a demanda que en materia de cantidade foi interposta por José Andrés Vázquez López, contra a entidade Plan C Restauración, S.L. e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Plan C Restauración, S.L. a aboar á demandante a cantidade de 43,06 € brutos de compensación económica polas vacacións non desfrutadas no ano 2017, así como o xuro do 10 % por mora e aplicable aos conceptos salariais.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interporen contra el recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza, eu, a maxistrada xuíza Pilar Carreira Vidal, do Xulgado do Social numero 5 da Coruña.

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Plan C Restauración, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 11 de maio de 2017

A letrada da Administración de xustiza