Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Luns, 5 de xuño de 2017 Páx. 27058

III. Outras disposicións

Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 29 de maio de 2017 pola que se convocan as actividades de formación continua para o persoal ao servizo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico.

Aprobado o Programa de actividades formativas da Escola Galega de Administración Pública (EGAP) para o ano 2017 polo Consello Reitor, de conformidade co artigo 6.2 da Lei 4/1987, do 27 de maio, modificada pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, convócanse as actividades de formación continua correspondentes ao segundo semestre do ano 2017, da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico enunciadas na alínea a) do artigo 45 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, que se detallan nos anexos desta resolución.

RESOLVO:

Convocar as actividades formativas que figuran no anexo II, que deberán desenvolverse segundo as bases detalladas no anexo I.

Santiago de Compostela, 29 de maio de 2017

Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Pública

ANEXO I
Bases

Primeira. Requisitos dos participantes

1. Poderán participar nas accións formativas convocadas nesta resolución os empregados públicos e as empregadas públicas destinados na Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia e nas entidades públicas instrumentais do sector público autonómico enunciadas na alínea a) do artigo 45 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia que se encontran en situación de servizo activo, permiso por maternidade, adopción ou acollemento ou excedencia polo coidado dun/dunha fillo/a ou dun familiar e que reúnan os requisitos establecidos nesta convocatoria para cada un dos casos do anexo II. Está exceptuado o persoal das entidades públicas instrumentais e das institucións públicas autonómicas que non consten na base de datos da Dirección Xeral de Función Publica como empregado público autonómico por ser persoal propio do ente ou institución pública.

Igualmente está exceptuado o persoal docente da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o persoal do Servizo Galego de Saúde, non entendendo por tal, os/as empregados/as públicos/as da escala de saúde pública e Administración sanitaria creada pola Lei 17/1989, do 23 de outubro, de creación de escalas de persoal sanitario ao servizo da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. Sen prexuízo do anterior, poderán ofertarse actividades formativas a empregados/as públicos/as pertencentes a outras entidades, organismos e institucións públicas, cando así se estableza no epígrafe «destinatario» da actividade formativa.

3. Así mesmo, os/as empregados/as públicos/as exceptuados no primeiro parágrafo do punto 1 desta base, poderán acceder a todas as actividades formativas desta convocatoria nas que queden prazas vacantes.

Toda persoa solicitante que ao inicio da actividade formativa estea en situación de baixa laboral por incapacidade temporal quedará automaticamente excluída da listaxe do persoal seleccionado. Esta incidencia deberá ser comunicada á EGAP con carácter inmediato.

Segunda. Desenvolvemento das actividades de formación

Os cursos realizaranse cos requirimentos, a duración e as condicións que para cada un deles se indiquen na convocatoria. A información relativa ao desenvolvemento das actividades, así como as súas posibles modificacións, será actualizada e ampliada na páxina web <http://egap.xunta.gal>.

Terceira. Solicitudes

1. O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días naturais a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

2. As solicitudes de participación nas actividades formativas só poderán realizarse mediante o formulario de matrícula telemática dispoñible no enderezo <http://egap.xunta.gal/matricula> desde as 8.00 horas da data de inicio do prazo de presentación de solicitudes e ata as 14.00 horas da data de finalización. As solicitudes entenderanse presentadas unha vez que se complete correctamente o proceso de matriculación.

3. O número máximo de cursos que se pode solicitar por persoa durante o prazo de presentación de solicitudes limítase a cinco en todas as convocatorias cuxo prazo de matrícula sexa coincidente.

4. Non está permitida a realización de actividades de formación que teñan simultaneidade de horarios nunha ou varias sesións presenciais das actividades. Cando o alumnado teña coñecemento de que foi seleccionado para un curso que teña coincidencia horaria con outro no que xa foi seleccionado debe renunciar a un deles. No caso de que se comprobe con posterioridade a realización simultánea de varias actividades, non se expedirá certificación de ningunha delas, e o alumnado pasará ao final das listaxes de todas as actividades formativas que solicite e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado desde que se detecte o feito.

5. Serán excluídas automaticamente aquelas solicitudes que non se axusten ao formulario de solicitude, non teñan cubertos correctamente os datos precisos para a realización do proceso de selección ou sexan presentadas fóra de prazo.

6. As persoas que oculten ou falseen datos esenciais para a selección serán automaticamente excluídas das actividades solicitadas e pasarán ao final das listaxes de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado desde que se detecte o feito.

7. As persoas interesadas en recibir mensaxes sobre o proceso de selección deberán facilitar un enderezo de correo electrónico e/ou un número de teléfono móbil.

8. As persoas solicitantes de actividades impartidas na modalidade de teleformación deberán dispor dunha conta de correo electrónico cuxo enderezo terán que indicar na solicitude e dun equipo informático que cumpra os seguintes requisitos técnicos:

– Un computador con conexión á internet.

– Un navegador web co plugin de flash.

9. As persoas que necesiten acreditar circunstancias específicas (discapacidade) de acordo cos criterios de selección deberán remitirlle á EGAP a correspondente documentación complementaria, xunto cunha copia do formulario da matrícula, ao enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>, sen prexuízo do previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro). A devandita documentación deberá enviarse por unha única das vías indicadas; no caso contrario só serán considerados os datos achegados por correo electrónico. A documentación deberá presentarse dentro do prazo sinalado no punto 1 desta base.

10. A EGAP adoptará as medidas necesarias para facilitar a presentación das solicitudes. As dúbidas, as dificultades técnicas e as peticións de información complementaria serán atendidas a través dos números de teléfono 981 54 62 57, 981 54 62 54 e 981 54 63 35, e do enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>.

Cuarta. Presentación de documentación

Dentro do prazo de presentación de solicitudes establecido no punto 1 da base terceira, os/as empregados/as públicos/as pertencentes a outras entidades, organismos e institucións públicas, cuxos datos non figuren na base de datos da Dirección Xeral de Función Pública e teñan interese en solicitar algunha actividade formativa, que a eles/as vaia dirixida, deberán presentar na EGAP, xunto cunha copia do formulario de solicitude, a seguinte documentación:

– Certificado expedido polo órgano responsable de persoal de que dependa a persoa solicitante que indique a súa situación administrativa, o tipo de persoal e a antigüidade na Administración. A falta de presentación destes documentos acreditativos dará lugar á exclusión da persoa solicitante.

A devandita documentación deberá remitila ao enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>, sen prexuízo do previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

A falta de presentación destes documentos acreditativos dará lugar á exclusión da persoa solicitante.

Quinta. Criterios de selección

1. Os criterios selectivos que serán empregados son os sinalados con carácter xeral na Resolución da Escola Galega de Administración Pública do 4 de xaneiro de 2008 (DOG núm. 7, do 10 xaneiro).

Para os efectos do previsto no punto segundo da citada resolución, o baremo que se empregará para a selección establécese sobre unha base de 100 puntos, dos que o 60 % estará vinculado ao número de horas de formación recibidas nos dous últimos anos e o 40 % restante á antigüidade na Administración.

Os empates desfaranse de acordo co resultado do sorteo ao que se refire o artigo 9 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, aprobado polo Decreto 95/1991, do 20 de marzo (DOG núm. 58, do 25 de marzo). Para o ano 2017, segundo a Resolución da Consellería de Facenda do 20 de xaneiro de 2017 (DOG núm. 20, do 30 de xaneiro), comezarase pola letra K.

2. No caso de que non haxa un suficiente número de solicitantes que cumpran os requisitos do curso poderá completarse o número de alumnos/as asignado mediante a apertura dun novo prazo público na páxina web da EGAP.

Sexta. Publicación das relacións do alumnado seleccionado

1. A EGAP publicará no enderezo <http://egap.xunta.gal> unha relación das persoas seleccionadas para participar en cada curso, así como un número adecuado de reservas.

O prazo de presentación de alegacións será de cinco días naturais desde a súa publicación.

Ademais, quen facilite os correspondentes datos na solicitude será informado da súa selección a través do correo electrónico e da mensaxería telefónica. Entenderase que as persoas que non figuren na relación foron excluídas por algunha das razóns expresadas nas bases da convocatoria ou ocupan un posto máis afastado na listaxe de agarda, todo isto de acordo co disposto no 45.1.b) da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

2. Transcorrido o prazo de alegacións, a EGAP publicará no enderezo <http://egap.xunta.gal> a listaxe definitiva de persoas admitidas no curso.

Sétima. Cambios ou substitucións na selección, renuncia e asistencia

1. Os cambios ou as substitucións na selección:

En ningún caso serán admitidos cambios ou substitucións entre as persoas seleccionadas.

2. A renuncia:

a) As persoas seleccionadas só poderán renunciar á actividade formativa:

– Por causa de forza maior suficientemente acreditada.

– Por necesidades do servizo debidamente motivadas por parte dos responsables dos centros directivos.

– Por outras causas xustificadas documentalmente.

b) A renuncia debe ser comunicada por escrito á Escola Galega de Administración Pública cunha antelación mínima de tres días hábiles anteriores ao inicio da actividade formativa. Na páxina web da escola está dispoñible un modelo de renuncia.

Para isto poderase utilizar, alén do previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), o enderezo de correo electrónico <xestion.egap@xunta.gal>.

c) As persoas que incumpran o previsto nas alíneas a) e b) pasarán ao final das listaxes de agarda de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

3. A asistencia e a puntualidade:

a) Son obrigatorias a asistencia ás sesións da actividade formativa e mais a puntualidade.

b) Durante a actividade formativa terá lugar un control permanente de asistencia e puntualidade, incluídos controis extraordinarios.

c) As faltas de asistencia nas actividades presenciais:

1. Non poden superar en ningún caso o 10 % das horas lectivas presenciais. En todo caso, as faltas de asistencia deberán xustificarse documentalmente ante os responsables da actividade formativa nun prazo máximo de 10 días contados a partir do día da finalización desta actividade. As persoas que incumpran o antedito perderán o dereito ao certificado de participación na actividade formativa.

2. Aquelas persoas cuxas faltas de asistencia superen o 50 % das horas lectivas presenciais, pasarán ao final das listaxes de agarda de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

d) Seguimento das actividades de teleformación:

As persoas que non completen o 75 % das actividades e tarefas propostas pola titoría pasarán ao final das listaxes de agarda de todas as actividades formativas que soliciten e cuxo prazo de matrícula comece dentro do ano seguinte contado a partir do día da finalización desta actividade.

Oitava. Realización de probas

a) Para poder superar as actividades de formación, o alumnado deberá superar as probas de avaliación que para os efectos se establezan, tanto na modalidade de teleformación como nos cursos que se impartan de xeito presencial. As probas poderanse desenvolver de xeito descentralizado nas sedes que se determinen no comezo de cada actividade.

b) Ademais do requisito indicado no parágrafo anterior, para poder superar as actividades de teleformación é necesario cumprir unha serie de requisitos obrigatorios na súa totalidade:

– A asistencia á sesión presencial, se a houber.

– A adecuada realización individual de todas as actividades que o titor propoña. Estas deben constar debidamente presentadas nos prazos estipulados na programación didáctica do curso. A non superación das actividades obrigatorias suporá a perda automática do dereito a participar no exame final presencial.

Ao inicio da actividade formativa publicarase o correspondente programa na plataforma de teleformación e indicaranse as probas de avaliación previstas, así como as datas e o horario en que estas terán lugar. Salvo que se determine outra cousa, nestas actividades as probas de avaliación finais serán presenciais nos lugares e nas datas que se establezan. A EGAP informará a través da súa páxina web e tamén a través da plataforma de teleformación das datas concretas e do horario da proba final.

Novena. Certificados

a) A EGAP poderá expedir dúas clases de certificados, de asistencia e de aproveitamento. A convocatoria de cada acción formativa determinará que tipo de certificado corresponderá aos/as alumnos/as que participen nos cursos.

b) Para a obtención do certificado de asistencia, o alumnado deberá participar con regularidade e dedicación no desenvolvemento da acción formativa. Para os efectos de avaliar os coñecementos adquiridos polo alumnado, a EGAP poderá fixar a realización das probas que considere oportunas.

c) Para a obtención do certificado de aproveitamento o alumnado deberá obter a avaliación positiva do seu profesorado, o cal emitirá un informe declarando apto ou non apto cada alumno/a en función do resultado da proba de avaliación.

En caso de non superar a proba, tampouco se facilitará certificado de asistencia.

Décima. Facultades da EGAP

1. A EGAP resolverá aquelas incidencias que poidan producirse no desenvolvemento e na xestión das actividades formativas e pode suprimir algunha, ampliar novas edicións da programación ou programar outras actividades diferentes cando así o exixan as circunstancias que lle afecten á súa organización ou docencia. Tamén lle corresponde á EGAP prover canto sexa necesario para a execución e cumprimento desta resolución.

2. A execución material das actividades queda condicionada á existencia de crédito orzamentario axeitado e dispoñible e á autorización correspondente do gasto.

3. No suposto de que o número de admitidos/as sexa inferior ao 50 % das prazas convocadas, a EGAP resérvase o dereito a suspender, cancelar ou agrupar varias edicións das actividades, caso no que empregará os medios de notificación ás persoas interesadas previstos na normativa vixente.

4. A EGAP poderá modificar os contidos, o desenvolvemento, as datas e os lugares das actividades formativas, así como resolver todas as continxencias que poidan xurdir. Todas as modificacións que afecten o desenvolvemento das actividades serán anunciadas na páxina web da escola.

5. A EGAP garantirá na totalidade das actividades derivadas desta convocatoria a promoción da igualdade real e efectiva entre mulleres e homes, a eliminación de calquera tipo de discriminación e o fomento dos dereitos de conciliación.

ANEXO II

Código

Denominación

Prazas

Horas

Cualificación

Destinatarios

Localidade/
Modalidade

Datas e horario

Data proba
de avaliación

Réxime xurídico e actividade financeira das administracións públicas

FC17022

Política orzamentaria e desenvolvemento normativo na Comunidade Autónoma. Tributos propios e tributos cedidos

50

25

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico que consten na base de datos da DXFP.

Teleformación

23.10.2017 ao 16.11.2017

22.11.2017

FC17027

A transparencia da Administración e bo goberno (normativa estatal e autonómica)

50

25

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico de Galicia e das institucións públicas autonómicas.

Teleformación

5.9.2017 ao 29.9.2017

4.10.2017

FC17066

Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia

50

20

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico que consten na base de datos da DXFP.

Teleformación

27.10.2017 ao 16.11.2017

22.11.2017

FC17082

A responsabilidade patrimonial da Administración pública

50

30

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico que consten na base de datos da DXFP e ao persoal da Administración local.

Teleformación

23.10.2017 ao 21.11.2017

28.11.2017

FC17083

A protección do menor ante os medios de comunicación

50

30

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico que consten na base de datos da DXFP.

Teleformación

20.9.2017 ao 19.10.2017

25.10.2017

FC17174

Lei do solo de Galicia

30

25

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico que consten na base de datos da DXFP.

Santiago de Compostela

16.10.2017 ao 25.10.2017
16.30 a 20.00 h (L a X)
25.10 de 16.30 a 20.30 h

25.10.2017

FC17215

A elaboración dos pregos de cláusulas para a adxudicación de contratos públicos

30

30

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico de Galicia e das institucións públicas autonómicas.

Santiago de Compostela

16.10.2017 ao 31.10.2017

16.30 a 19.30 h (L a X)

31.10.2017

FC17225

Transparencia e acceso á información pública

25

18

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico de Galicia e das institucións públicas autonómicas.

Santiago de Compostela

14.11.2017 ao 30.11.2017

16.30 a 19.30 h (M e X)

30.11.2017

FC17234

Curso básico de Seguridade Social

50

30

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico que consten na base de datos da DXFP.

Teleformación

2.10.2017 ao 31.10.2017

7.11.2017

FC17239

Contratación estratéxica

50

35

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico que consten na base de datos da DXFP, cuxa actividade garde calquera tipo de relación coa contratación pública.

Teleformación

4.9.2017 ao 9.10.2017

16.10.2017

Unión Europea

FC17060

Introdución á Unión Europea e ao seu dereito

50

24

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico que consten na base de datos da DXFP dos grupos C1, C2, III e IV.

Teleformación

11.10.2017 ao 3.11.2017

9.11.2017

Comunicación, organización do traballo e mellora das habilidades

FC17064

Diagnóstico do clima organizacional. A optimización do recurso humano

50

30

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico que consten na base de datos da DXFP.

Teleformación

4.10.2017 ao 2.11.2017

8.11.2017

FC17085

Manual de estilo do DOG e outras publicacións institucionais

50

20

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico que consten na base de datos da DXFP.

Teleformación

18.10.2017 ao 6.11.2017

9.11.2017

FC17168

Desenvolvemento e fomento das habilidades comunicativas na Administración pública

25

24

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico que consten na base de datos da DXFP.

Santiago de Compostela

11.9.2017 ao 21.9.2017
16.30 a 19.30 h (L a X)

21.9.2017

FC17170

Ferramentas e técnicas para falar mellor en público

20

15

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico que consten na base de datos da DXFP.

Santiago de Compostela

20.9.2017 ao 27.9.2017
16.30 a 19.30 h

(Me, X e L a Me)

27.9.2017

FC17171

Organización e simplificación do traballo administrativo

25

12

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico que consten na base de datos da DXFP.

Santiago de Compostela

25.9.2017 ao 28.9.2017
16.30 a 19.30 h

(L a X)

28.9.2017

FC17172

Estratexias para a eliminación de estereotipos de xénero no exercicio da actividade profesional

30

20

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico que consten na base de datos da DXFP.

Santiago de Compostela

2.10.2017 ao 11.10.2017

16.30 a 19.30 h (L a X)
Día 11.10 de 16.30 a 18.30 h

11.10.2017

FC17173

Destrezas lingüísticas para a redacción de textos na web

25

30

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico que consten na base de datos da DXFP.

Mixta

Santiago de Compostela

5.10.2017 ao 3.11.2017

Clases presenciais:

5, 11, 17, 19, 25 e 31 de outubro

16.30 a 19.30 h

8.11.2017

FC17175

Deseño e avaliación de políticas públicas con perspectivas de xénero

30

25

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico que consten na base de datos da DXFP.

Santiago de Compostela

6.11.2017 ao 16.11.2017
16.30 a 19.30 h (L a X)
Día 16 de 16.30 a 20.30 h

16.11.2017

FC17216

Comunicación escrita e elaboración de informes

25

20

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico que consten na base de datos da DXFP.

A Coruña

18, 19, 25 e 26 de setembro de 16.30 a 19.30 h
Aula informática: 20 e 21 de setembro de 16.30 a 19.30 h

Día 27.9 de 16.30 a 18.30 h

27.9.2017

FC17216

Comunicación escrita e elaboración de informes

25

20

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico que consten na base de datos da DXFP.

Lugo

9, 10, 17 e 18 de outubro de 16.30 a 19.30 h
Aula informática: 11 e 16 de outubro de 16.30 a 19.30 h

Día 19 de outubro de 16.30 a 18.30 h

19.10.2017

FC17216

Comunicación escrita e elaboración de informes

25

20

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico que consten na base de datos da DXFP.

Ourense

25 e 27 de setembro e 2 e 4 de outubro de 16.30 a 19.30 h
Aula informática: 3 e 5 de outubro de 16.30 a 19.30 h

Día 9 de outubro de 16.30 a 18.30 h

9.10.2017

FC17216

Comunicación escrita e elaboración de informes

25

20

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico que consten na base de datos da DXFP.

Pontevedra

6, 9, 13 e 14 de novembro de 16.30 a 19.30 h
Aula informática: 7 e 8 de novembro de 16.30 a 19.30 h

Día 15 de 16.30 a 18.30 h

15.11.2017

FC17216

Comunicación escrita e elaboración de informes

25

20

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico que consten na base de datos da DXFP.

Santiago de Compostela

13, 14, 20 e 21 de novembro de 16.30 a 19.30 h
Aula informática: 15 e 16 de novembro de 16.30 a 19.30 h

Día 22 de 16.30 a 18.30 h

22.11.2017

FC17216

Comunicación escrita e elaboración de informes

25

20

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico que consten na base de datos da DXFP.

Vigo

21, 22, 23 e 28 de novembro de 16.30 a 19.30 h
Aula informática: 20 e 27 de novembro de 16.30 a 19.30 h

Día 29 de 16.30 a 18.30 h

29.11.2017

FC17237

Iniciación ao protocolo

50

20

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico que consten na base de datos da DXFP.

Teleformación

27.10.2017 ao 15.11.2017

20.11.2017

Administración electrónica, protección de datos e calidade administrativa

FC17069

Uso avanzado de aplicacións informáticas de tratamento de textos (LibreOffice Writer)

50

50

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico que consten na base de datos da DXFP, con coñecemento de Writer e acceso a internet.

Teleformación

12.9.2017 ao 31.10.2017

6.11.2017

FC17111

Sistema de xestión de recursos humanos da Xunta de Galicia

50

20

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico que consten na base de datos da DXFP.

Teleformación

11.9.2017 ao 30.9.2017

4.10.2017

FC17213

Factura electrónica

25

20

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico de Galicia e das institucións públicas autonómicas.
Persoal de Administración e servizos das universidades galegas.

Santiago de Compostela

25, 26 e 27 de setembro e 2 e 3 de outubro de 16.30 a 20.00 h
Día 5 de outubro de 16.30 a 19.00 h

5.10.2017

FC17231

Notifica.gal. Sistema de notificación electrónica

25

15

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico de Galicia e das institucións públicas autonómicas.
Persoal de Administración e servizos das universidades galegas.

Santiago de Compostela

25, 26 e 27 de setembro

9.00 a 14.00 h

27.9.2017

Presidencia da Xunta de Galicia

Axencia Turismo de Galicia

FC17236

Eficacia xurídica das actas e das dilixencias de inspección de turismo

35

20

Aproveitamento

Inspectores/as e subinspectores/as de turismo e outros empregados públicos que instrúan, tramiten e resolvan procedementos sancionadores.

Santiago de Compostela

14 e 15 de novembro de 9.00 a 14.00 h e 16.00 a 19.00 h
16 de novembro de 9.00 a 13.00 h

16.11.2017

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega)

FC17014

Procedementos, estándares e ferramentas TIC da Amtega

25

30

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico de Galicia.

Santiago de Compostela

6, 7, 8, 9, 13, 14, 15, 20, 21 e 22 de novembro

Luns e mércores de 11.30 a 14.30 h Martes e xoves de 16.30 a 19.30 h

22.11.2017

Secretaría Xeral para o Deporte

FC17226

Estratexias para o fomento da actividade física saudable

25

15

Aproveitamento

Técnicos deportivos municipais, profesorado de educación física de centro deportivos, profesorado universitario do sector deportivo e sanitaria, e outro persoal da administración.

Santiago de Compostela

24, 25 e 26 de outubro
9.00 a 14.00 h

26.10.2017

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

FC17224

Ética pública. Os códigos éticos e o código ético da Xunta de Galicia

25

12

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico que consten na base de datos da DXFP.

Santiago de Compostela

27, 28, 29 e 30 de novembro

16.30 a 19.30 h

30.11.2017

Secretaría Xeral de Igualdade

FC17135

A trata de seres humanos con fins de explotación sexual: a nova escravitude do século XXI

50

21

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico que consten na base de datos da DXFP.

Teleformación

25.10.2017 ao 14.11.2017

17.11.2017

FC17143

Violencia de xénero e mulleres con discapacidade

50

30

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico que consten na base de datos da DXFP.

Teleformación

30.10.2017 ao 28.11.2017

1.12.2017

Asesoría Xurídica Xeral

FC17228

Problemas prácticos e novidades na contratación pública

20

24

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico que consten na base de datos da DXFP, para grupos A1 e A2 ou titulados equivalentes. Especialmente destinado a persoal dos servizos de contratación das consellerías ou delegacións.

Santiago de Compostela

2, 3, 4, 5, 9 e 11 de outubro

16.30 a 20.30 h

11.10.2017

Servizo de Prevención de Riscos Laborais

FC17003

Prácticas preventivas ante agresións para o persoal de atención ao público

50

25

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico que consten na base de datos da DXFP.

Teleformación

25.9.2017 ao 18.10.2017

25.10.2017

FC17005

Prevención de riscos laborais nas actividades agroforestais, mantemento e conservación de infraestruturas en espazos abertos

50

20

Aproveitamento

Dirixido ao persoal das consellerías de Medio Rural, do Mar e de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, que realizan traballos ao aire libre.

Teleformación

11.9.2017 ao 29.9.2017

3.10.2017

Consellería de Facenda

FC17045

Estatística avanzada co software libre R

50

30

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico que consten na base de datos da DXFP.

Teleformación

2.10.2017 ao 3.11.2017

8.11.2017

FC17046

O sistema de información de contratación pública da Comunidade Autónoma de Galicia

15

21

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico que consten na base de datos da DXFP.

Santiago de Compostela

16.10.2017 ao 25.10.2017

16.30 a 19.30 h

25.10.2017

FC17056

O programa operativo Feder Galicia 2014-2020: xestión e control

30

30

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico de Galicia, que participen na xestión de actuacións cofinanciadas no marco do PO Feder Galicia 2014-2020.

Santiago de Compostela

3, 10 e 17 de outubro de 8.30 a 14.00 h e de 16.00 a 18.30 h

24 de outubro de 8.30 a 14.00 h

24.10.2017

FC17088

Axudas de Estado, os novos regulamentos

20

12

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico que consten na base de datos da DXFP.

Santiago de Compostela

18, 19, 20 e 25 de setembro

16.30 a 19.30 h

25.9.2017

FC17088

Axudas de Estado, os novos regulamentos

20

12

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico que consten na base de datos da DXFP.

Santiago de Compostela

20, 21, 22 e 27 de novembro

16.30 a 19.30 h

27.11.2017

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

FC17052

Lexislación transversal no planeamento urbanístico

35

30

Aproveitamento

Técnicos da administración autonómica e das entidades adscritas á Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio e persoal da Administración local que informen instrumentos de planificación urbanística ou territorial.

Santiago de Compostela

26.9.2017 ao 31.10.2017

(M e X)

16.30 a 19.30 h

31.10.2017

FC17055

A inspección ambiental de Galicia: aplicación dos BREF´s

30

20

Aproveitamento

Inspectores ambientais de Galicia.
Técnicos superiores e de grado medio que realizan funcións de calidade e avaliación ambiental.
Técnicos superiores do Laboratorio de Medio Ambiente de Galicia.

Santiago de Compostela

12, 14, 26 e 28 de setembro
19, 24 e 26 de outubro

16.30 a 19.30 h

Día 26 de outubro de 16.30 a 18.30 h

26.10.2017

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

FC17222

Edificios de consumo case nulo. Estandar passivhaus

30

28

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico que consten na base de datos da DXFP, dos corpos especiais A1 e A2: arquitectos, arquitectos técnicos, enxeñeiros e enxeñeiros técnicos.

Santiago de Compostela

7, 14, 21 e 28 de setembro
9.00 a 14.00 h e 16.00 a 18.00 h

28.9.2017

Consellería de Economía, Emprego e Industria

Economía

FC17041

Curso introdutorio ás tecnoloxías e metodoloxías organizativas da industria 4.0

25

24

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico que consten na base de datos da DXFP.

Santiago de Compostela

3.10.2017 ao 31.10.2017

16.30 a 19.30 h

(M e X)

31.10.2017

FC17128

Regulamentación de instalacións de alta tensión e rexímenes retributivos

30

25

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico que consten na base de datos da DXFP.

Santiago de Compostela

3 de outubro: 9.00 a 14.30 h e 16.00 a 19.30 h
4 e 10 de outubro: 16.00 a 20.00 h

17 e 23 de outubro: 16.00 a 19.30 h

23.10.2017

FC17229

Trámites para a posta en marcha dunha empresa

25

24

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia, das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico de Galicia e das institucións públicas autonómicas.

Santiago de Compostela

11, 18 e 25 de outubro e 2, 8 e 15 de novembro

16.00 a 20.00 h

15.11.2017

Emprego e Industria

FC17221

A responsabilidade social empresarial (RSE). A responsabilidade social empresarial na Administración pública

30

30

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico que consten na base de datos da DXFP e persoal da rede de técnicos de emprego local (axentes de emprego e desenvolvemento local dos Concellos e Deputacións e axentes de emprego das institucións sen ánimo de lucro).

Santiago de Compostela

24, 25, 26, 27, 30 e 31 de outubro

9.00 a 14.00 h

31.10.2017

FC17227

Sistema Informático de Formación Ocupacional (SIFO): funcionamento e aspectos principais

25

30

Aproveitamento

1. Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico que consten na base de datos da DXFP, que pertenzan á Consellería de Economía, Emprego e Industria, tanto de servizos centrais como periféricos, que desenvolvan as súas funcións en unidades administrativas nas que se empregue o Sistema Informático de Formación Ocupacional.
2. Persoal da Fundación Pública Galega da Formación para o Traballo.
3. Non obstante, tamén se permitirá que accedan, subsidiariamente, empregados públicos doutros departamentos da Administración autonómica que estean interesados en acceder a postos de traballo na dita consellería coas anteditas características.
4. Persoal que traballe en entidades (empresas, sen ánimo de lucro ou concellos) que teñan que empregar SIFO para xestionar actividades formativas de formación para o emprego.

Santiago de Compostela

20 e 27 de setembro de 9.00 a 14.00 h
4, 11, 18 e 25 de outubro de 9.00 a 14.00 h

25.10.2017

FC17230

Análise de accidentes de traballo

25

15

Aproveitamento

Persoal técnico do ISSGA e técnicos dos servizos de prevención de riscos laborais da Xunta de Galicia.

Santiago de Compostela

24 e 25 de outubro de 9.00 a 14.00 h e de 15.30 a 18.00 h

25.10.2017

FC17233

Produtividade e xestión do tempo. Factores clave para diminuír o estrés. Conciliación. Ferramentas TIC e método GTD. Eficacia nas reunións e no traballo

40

24

Aproveitamento

Persoal técnico do ISSGA e técnicos dos servizos de prevención de riscos laborais da Xunta de Galicia.

Santiago de Compostela

25 de setembro, 2 e 6 de outubro

9.00 a 14.00 h e 15.30 a 18.30 h

6.10.2017

FC17235

Formación en orientación laboral

25

25

Aproveitamento

Orientadores laborais das oficinas de emprego do SPEG de todos os programas de orientación, así como orientadores laborais de concellos e entidades sen ánimo de lucro contratados ao abeiro da orde de axudas da Consellería de Economía, Emprego e Industria específica para esta finalidade.

A Coruña

23.10.2017 ao 27.10.2017

9.00 a 14.00 h

27.10.2017

16.10.2017 ao 20.10.2017

9.00 a 14.00 h

20.10.2017

Orientadores laborales das oficinas de emprego do SPEG de todos os programas de orientación, así como orientadores laborais de concellos e entidades sen ánimo de lucro contratados ao abeiro da orde de axudas da Consellería de Economía, Emprego e Industria específica para esta finalidade.

Santiago de Compostela

25.9.2017 ao 29.9.2017

9.00 a 14.00 h

29.9.2017

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Educación

FC17151

Mellorando a convivencia nos centros de ensinanza: atención e coidado do alumnado con necesidades específicas de apoio educativo

25

20

Aproveitamento

Persoal que ocupe postos de educadores/as ou auxiliares coidadores/as, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Lugo

23, 24, 25, 26 e 27 de outubro

16.30 a 20.30 h

27.10.2017

FC17154

O coidado do alumnado con necesidades derivadas de discapacidade sensorial

25

20

Aproveitamento

Persoal que ocupe postos de educadores/as ou auxiliares coidadores/as, da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Santiago de Compostela

11.9.2017 ao 15.9.2017

16.30 a 20.30 h

15.9.2017

Cultura

FC17009

Xestión de proxectos en arquivos

30

15

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico que consten na base de datos da DXFP.

Santiago de Compostela

23 e 24 de outubro

9.30 a 14.30 h e 16.00 a 18.30 h

24.10.2017

Consellería de Política Social

FC17118

Introdución ao coaching

25

28

Aproveitamento

O curso está destinado a responsables e técnicos que traballen en centros sociocomunitarios ou residenciais de persoas maiores e/ou con discapacidade con atención directa aos usuarios/as do propio centro.

Santiago de Compostela

16, 18 e 23 de outubro de 9.00 a 14.00 h e 16.00 a 19.00 h
25 de outubro de 10.00 a 14.00 h

25.10.2017

FC17217

Intervención dos equipos multiprofesionales ante o maltrato filioparental

25

20

Aproveitamento

O curso está dirixido a empregados/as públicos que traballen como profesionais da intervención con menores e familias implicadas en situacións de violencia filioparental ascendente.

Santiago de Compostela

19, 22, 26 e 29 de setembro

9.00 a 14.00 h

29.9.2017

FC17218

Intervención con menores con problemas de conduta

25

20

Aproveitamento

O curso está dirixido a empregados/as públicos que traballen como profesionais da intervención socioeducativa que valoran e atenden a menores con problemas de conduta.

Santiago de Compostela

3, 10, 17 e 24 de novembro

9.00 a 14.00 h

24.11.2017

FC17219

O protocolo básico de intervención contra o maltrato infantil no ámbito familiar

25

20

Aproveitamento

O curso está dirixido a empregados/as públicos que traballen como profesionais da valoración e intervención en maltrato infantil de menores.

Santiago de Compostela

21 e 22 de setembro

9.00 a 14.00 h e 15.00 a 20.00 h

22.9.2017

FC17220

Tratamento e intervención multidisciplinar ante os problemas de conduta en menores en acollemento residencial

25

20

Aproveitamento

O curso está dirixido a empregados/as públicos que traballen como profesionais da intervención socioeducativa que valoran e atenden a menores con problemas de conduta en situación de acollemento residencial.

Santiago de Compostela

27, 28, 29 e 30 de novembro

9.00 a 14.00 h

30.11.2017

Consellería do Medio Rural

FC17223

Especialización na loita contra as pragas forestais en Galicia

35

30

Aproveitamento

Técnicos dos distritos, dos servizos provinciais e dos servizos centrais da Dirección Xeral de Ordenación e Produción Forestal da Consellería do Medio Rural.

Santiago de Compostela

9, 10, 16, 17 e 23 de outubro de 9.00 a 15.00 h
24 de outubro de 9.00 a 14.00 h

24.10.2017

FC17232

Seguridade alimentaria na produción primaria gandeira

35

20

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico que consten na base de datos da DXFP.

Santiago de Compostela

2.10.2017 ao 11.10.2017

(L e Me)
9.30 a 14.30 h

11.10.2017

FC17240

Manexo de técnicas e dispositivos de orientación básica

35

12

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico que consten na base de datos da DXFP, que participa en labores de prevención e extinción de incendios forestais.

Mixta

A Coruña

10.10.2017 ao 24.10.2017

Clase presencial: 24.10.2017

9.00 a 13.00 h e 15.00 a 17.00 h

24.10.2017

FC17240

Manexo de técnicas e dispositivos de orientación básica

35

12

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico que consten na base de datos da DXFP que participa en labores de prevención e extinción de incendios forestais.

Mixta

Lugo

11.10.2017 ao 25.10.2017

Clase presencial: 25.10.2017

9.00 a 13.00 h e 15.00 a 17.00 h

25.10.2017

FC17240

Manexo de técnicas e dispositivos de orientación básica

35

12

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico que consten na base de datos da DXFP que participa en labores de prevención e extinción de incendios forestais.

Mixta

Ourense

12.10.2017 ao 26.10.2017

Clase presencial: 26.10.2017

9.00 a 13.00 h e 15.00 a 17.00 h

26.10.2017

FC17240

Manexo de técnicas e dispositivos de orientación básica

35

12

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico que consten na base de datos da DXFP que participa en labores de prevención e extinción de incendios forestais.

Mixta

Pontevedra

13.10.2017 ao 27.10.2017

Clase presencial: 27.10.2017

9.00 a 13.00 h e 15.00 a 17.00 h

27.10.2017

FC17240

Manexo de técnicas e dispositivos de orientación básica

35

12

Aproveitamento

Persoal ao servizo da Administración pública da Comunidade Autónoma de Galicia e das entidades públicas instrumentais do sector público autonómico que consten na base de datos da DXFP que participa en labores de prevención e extinción de incendios forestais.

Mixta

Santiago de Compostela

9.10.2017 ao 23.10.2017

Clase presencial: 23.10.2017

9.00 a 13.00 h e 15.00 a 17.00 h

23.10.2017

Consellería do Mar

FC17012

Espectrometría de masas, o acoplamento perfecto ás técnicas híbridas. Aplicación a mostras medioambientais e mariñas

35

25

Aproveitamento

Químicos, biólogos, físicos, licenciados en Ciencias do Mar, farmacéuticos e analistas de laboratorio.

Vilagarcía de Arousa

2, 3, 4, 5, 16, 17, 18 e 19 de outubro
16.00 a 19.00 h

19.10.2017

FC17238

Técnicas en oceanografía e fitoplancto.

35

30

Aproveitamento

Químicos, biólogos, físicos, licenciados en Ciencias do Mar, farmacéuticos e analistas e auxiliares de laboratorio.

Vilagarcía de Arousa

13.11.2017 ao 24.11.2017

(L a V)
16.00 a 19.00 h

24.11.2017

Consellería de Sanidade

FC17130

Inspección sanitaria de adegas

25

12

Aproveitamento

Persoal funcionario/interino implicados na inspección de saúde pública da Consellería de Sanidade.

Santiago de Compostela

21, 22 e 23 de novembro

10.00 a 14.00 h

23.11.2017

FC17131

Procedemento disciplinario do persoal estatutario

25

20

Aproveitamento

Inspectores/as médicos/as, inspectores/as farmacéuticos/as e subinspectores/as sanitarios/as da Consellería de Sanidade.

Santiago de Compostela

23.10.2017 ao 26.10.2017

9.30 a 14.30 h

26.10.2017

FC17132

Procedemento sancionador en materia de centros, servizos e establecementos sanitarios

25

20

Aproveitamento

Inspectores/as médicos/as, subinspectores/as sanitarios/as e inspectores/as farmacéuticos/as da Consellería de Sanidade.

Santiago de Compostela

2.10.2017 ao 5.10.2017

9.00 a 14.00 h

5.10.2017