Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Mércores, 7 de xuño de 2017 Páx. 27568

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ACORDO do 18 de maio de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se lle dá publicidade ao inicio de varios expedientes de reintegro de axudas ao estudo.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 15/2014, do 16 de setembro, procédese a dar publicidade á parte substantiva do acordo adoptado polo xefe territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en Pontevedra:

«Primeiro. Iniciar o procedemento de reintegro das bolsas concedidas, identificadas no anexo desta resolución.

Segundo. Pór á disposición das interesadas os expedientes para que consonte o previsto no artigo 84 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, no prazo de 10 días, contados a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no BOE, aleguen e presenten os documentos e xustificacións que coiden pertinentes ante a sección de bolsas da Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, situada na avenida Fernández Ladreda, núm. 43, Pontevedra.

Transcorrido este prazo, a Dirección Xeral de Formación e Orientación Universitaria do Ministerio de Educación, de ser o caso, ditará resolución que determine tanto a procedencia do reintegro como a liquidación dos xuros de demora correspondentes desde o momento do pagamento da bolsa.

Non obstante, no suposto de que o interesado estea conforme coa obriga do reintegro, poderá facer efectivo este en calquera banco ou caixa de aforros, facendo uso dos documentos habilitados para o efecto, dándose así por concluído o expediente.

No mesmo prazo poderá solicitar na súa Delegación do Ministerio de Economía e Facenda o aprazamento ou fraccionamento do pagamento. Neste último caso, a solicitude de aprazamento considerarase un recoñecemento da débeda».

Pontevedra, 18 de maio de 2017

César A. Pérez Ares
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Interesada: Vázquez Lobato, María José.

NIF: 35629054F.

Importe: 2.275,20 euros.

Curso: 2013-2014.

Causa: 1.10.

Interesada: Pereira Grossi, Lara.

NIF: 39485420D.

Importe: 260,00 euros.

Curso: 2014-2015.

Causa: 1.1.

Interesada: Prado Sande, Noelia.

NIF: 54319385D.

Importe: 2.203,67 euros.

Curso: 2014-2015.

Causa: 1.10.

Interesada: Echevarría González, Nayhara Milena.

NIF: 33549353N.

Importe: 2.195,15 euros.

Curso: 2015-2016.

Causa: 1.1.