Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Mércores, 7 de xuño de 2017 Páx. 27566

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 26 de maio de 2017, da Xefatura Territorial de Pontevedra, polo que se dispón a notificación da resolución e do requirimento do pagamento de multa en período voluntario do expediente sancionador IN635C 2016/72-4.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle á interesada que se relaciona no anexo a resolución e o requirimento do pagamento de multa en período voluntario do expediente sancionador por infracción en materia de industria, despois de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos. Así mesmo, a eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

A empresa interesada poderá comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, sitas na avenida Fernández Ladreda, 43, 5º andar, 36003 Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e a súa constancia xunto coa carta de pagamento.

Contra a resolución do expediente de referencia, a interesada ou o seu representante dispoñen dun prazo dun mes para interpoñer recurso potestativo de reposición perante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no BOE.

Comunícaselle que, conforme o disposto na disposición adicional décimo primeira da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006, o prazo de ingreso en período voluntario será o establecido no artigo 62.2 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.

O pagamento en período voluntario deberá facerse nos seguintes prazos:

a) Se a notificación da liquidación se realiza entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data de recepción da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non fose hábil, ata o inmediato hábil seguinte.

b) Se a notificación da liquidación se realiza entre os días 16 e último de cada mes, desde a data de recepción da notificación ata o día cinco do segundo mes posterior ou, se este non fose hábil, ata o inmediato hábil seguinte.

As débedas non satisfeitas nos períodos citados nos puntos anteriores, exixiranse en vía de constrinximento.

Pontevedra, 26 de maio de 2017

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Expediente de reclamación: IN635C 2016/72-4.

Interesada: Vila Comesaña y Cía., S.L.

CIF: B36704625.

Acto notificado: resolución de expediente sancionador e carta de pagamento de expediente sancionador.