Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Mércores, 7 de xuño de 2017 Páx. 27558

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ACORDO do 8 de maio de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Carballo (expediente IN407A 2017/050-1).

Expediente: IN407A 2017/050-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: alimentación MT a CS en avenida de Malpica, nº 125.

Concello: Carballo.

Características técnicas:

– LMTS a 15 kV, de 598 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al, con orixe no paso A/S proxectado no apoio nº 32-5 existente da LMT BRT-713 (expediente 52.263), no tramo da derivación ao CT Sixto (expediente 52.653) e final no CS avenida de Malpica, nº 125 proxectado noutro expediente.

– 3 celas de tipo compacto en configuración 2L+1 (reserva) en CS proxectado noutro expediente.

Lexislación de aplicación:

Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).

Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións no Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

A Coruña, 8 de maio de 2017

Isidoro Martínez Arca
Xefe Territorial da Coruña