Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Mércores, 7 de xuño de 2017 Páx. 27560

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ACORDO do 8 de maio de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Carballo (expediente IN407A 2017/066-1).

Expediente: IN407A 2017/066-1.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación: recuamento LMT CBL-707A derivada a CT Casilla.

Concello: Carballo.

Características técnicas:

– Desmantelamento tramo LMT CBL-707A, derivada a CT Casilla, a 15 kV, de 121 m, condutor tipo LA-56 mm2, con orixe no apoio nº C2 existente, de celosía metálica do cuádruple circuíto que forman as liñas CBL-707A, CBL-805B, CBL-809 e CBL-708B, orixe da derivada ao CT Casilla (expediente 9.005), e final no CT Casilla (expediente 9.005) a substituír. Proxéctase a demolición da caseta de obra civil na que se sitúa o CT Casilla existente.

– LMTS a 15 kV, de 599 m, condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al, con orixe nos empalmes proxectados na LMTS CBL-702, no tramo entre o CT Vicente Risco, nº 13 (expediente 257/06) e o CT avenida de Finisterre, nº 64 (expediente 401/06), e final na cela de liña existente no CT avenida de Finisterre, nº 64, logo de realizar a E/S no novo CT Casilla proxectado.

– Novo CTC Casilla prefabricado, cunha potencia de 400 kVA, unha relación de transformación de 15.000/400-230 V e configuración 2L+1P.

Lexislación de aplicación:

Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 1 de decembro).

Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións no Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2-2ª planta, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación deste acordo.

A Coruña, 8 de maio de 2017

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña