Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Mércores, 7 de xuño de 2017 Páx. 27502

III. Outras disposicións

Escola Galega de Administración Pública

RESOLUCIÓN do 23 de maio de 2017 pola que se convoca o curso monográfico Responsabilidades administrativas e penais de autoridades e funcionarios.

Conforme aos fins que lle asigna á Escola Galega de Administración Pública a normativa que a regula (Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da Escola Galega de Administración Pública, modificada pola Lei 10/1989, do 10 de xullo),

RESOLVO:

Convocar o curso monográfico «Responsabilidades administrativas e penais de autoridades e funcionarios», de acordo coas bases que se indican a seguir:

1. Obxectivos.

As autoridades e funcionarios públicos atopámonos cada vez máis expostos aos riscos das accións xudiciais de exixencia de responsabilidades. En ocasións confúndense irregularidades, invalideces, nulidades e ilícitos penais. Este curso mostrará con exemplos prácticos as diferenzas entre os distintos tipos de rendición de contas, capacitando aos funcionarios e axentes da Administración para o mellor e máis seguro servizo público.

2. Contidos.

Neste curso monográfico trataranse, entre outros, os seguintes temas:

• O réxime das responsabilidades dos axentes da Administración: problemática actual e análise xurisprudencial.

• As responsabilidades administrativas: patrimoniais, disciplinarias e contables.

• As responsabilidades penais: delitos contra a Administración pública.

• Outros delitos.

• Como evitar incorrer en responsabilidades? Precaucións procedementais e remedios xurídicos.

3. Destinatarios.

O curso está dirixido ao persoal ao servizo das administracións públicas de Galicia, estatal, autonómica ou local, persoal ao servizo da Administración de xustiza, así como da Administración institucional e dos entes instrumentais do sector público de Galicia, e interesados en xeral.

4. Desenvolvemento.

Lugar: EGAP, rúa Madrid, 2-4. Santiago de Compostela.

Datas: 29 e 30 de xuño de 2017.

Horario: día 29, en horario de mañá e tarde; día 30, en horario de mañá.

Duración: 15 horas lectivas.

5. Número de prazas.

Limitado pola capacidade do local.

6. Inscrición.

As persoas interesadas deberán formalizar a súa inscrición a través da área de matrícula da web da EGAP (https://egap.xunta.gal/matricula/).

O prazo para a inscrición estará aberto desde as 8.00 horas do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia ata as 23.00 horas do día 20 de xuño de 2017.

Poderá obterse calquera outra información, desde as 8.30 horas ata as 14.30 horas, nos teléfonos 981 54 62 39-981 54 62 41.

7. Modificacións.

A EGAP resérvase a facultade de interpretar e de resolver as incidencias que poidan xurdir no desenvolvemento deste curso, así como a facultade de cancelalo se o escaso número de solicitudes non xustificase a súa realización.

8. Certificado electrónico de asistencia.

Ao final do curso expedirase un certificado electrónico de asistencia, descargable desde a área de matrícula (https://egap.xunta.gal/matricula), a aquelas persoas inscritas que participasen asiduamente e sempre que a súa asistencia fose igual ou superior ao 90 % das horas lectivas programadas. Este documento estará asinado electronicamente pola EGAP e incluirá, de forma expresa, o contido, a carga lectiva, a data e o lugar de realización do curso, así como un código de verificación electrónica (CVE) para contrastar a súa autenticidade.

Santiago de Compostela, 23 de maio de 2017

Sonia Rodríguez-Campos González
Directora da Escola Galega de Administración Pública