BDNS (Identif.): 349534.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeneral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).
Primeiro. Entidades beneficiarias
Poderán obter a condición de beneficiarias das subvencións as entidades que, na data de entrada en vigor desta orde, sexan titulares de centros ou entidades de formación acreditados e/ou inscritos pola Administración pública competente para impartir formación profesional para o emprego no ámbito laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia.
Segundo. Obxecto e ámbito de aplicación
Esta orde ten por obxecto promover na Comunidade Autónoma de Galicia a concorrencia competitiva para a realización de accións de formación profesional no marco do Programa operativo de emprego xuvenil 2014-2020 establecendo os requisitos de participación e criterios de valoración das propostas das accións formativas presentadas polas entidades de formación para a obtención do cofinanciamento do Fondo Social Europeo.
Terceiro. Bases reguladoras
Orde do 22 de maio de 2017 pola que se establecen as bases reguladoras para a programación de accións formativas dirixidas ás persoas novas inscritas no Ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia e se procede á súa convocatoria para os exercicios de 2017 e 2018 (código de procedemento TR301U).
Cuarto. Importe
Importe total da convocatoria: 4.353.030 euros (2.176.515,00 euros para 2017 e 2.176.515,00 euros para 2018).
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 22 de maio de 2017
Francisco José Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego e Industria