A Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, establece a obriga de publicar os convenios subscritos en cada entidade, e no seu artigo 15.2 indica que:
«(...) cada consellería ou entidade terá que remitir para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, dentro dos primeiros vinte días dos meses de xaneiro, maio e setembro de cada ano, unha relación dos convenios subscritos referida ao cuadrimestre anterior (...)».
En cumprimento desta disposición normativa,
RESOLVO:
Primeiro. Dar publicidade aos convenios de colaboración subscritos polo Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable (Cixtec) no primeiro cuadrimestre do ano 2017, que se indican a continuación: «Convenio de colaboración entre o Cixtec e a EGAP».
Segundo. O dito convenio detállase no anexo a esta resolución.
ANEXO
Título: convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública e o Centro Informático de Xestión Tributaria, Económico-Financeira e Contable, para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación.
Sinatura: 4 de xaneiro de 2017.
Importe: 0 €.
Obxecto: a participación nas actividades da EGAP do persoal dependente do Cixtec, así como a colaboración e o desenvolvemento conxunto de actividades de carácter formativo, divulgador e investigador en materias da competencia das institucións asinantes, actuando de forma máis eficaz e eficiente na utilización dos medios humanos, materiais e organizativos de cada unha delas, para un mellor cumprimento dos fins das dúas partes, en beneficio da cidadanía e da sociedade galega.
Santiago de Compostela, 18 de maio de 2017
M. Mauro Fernández Dabouza
Director xeral do Centro Informático para a Xestión Tributaria, Económico-Financeira
e Contable