Mediante Resolución do 27 de xaneiro de 2017 (DOG núm. 24, do 3 de febreiro) publicáronse as bases reguladoras dos premios e axudas aos proxectos Piloto Industria 4.0 (II Piloto Industria 4.0) en Galicia, cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 e procedeuse á súa convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, para o ano 2017, por trámite anticipado de gasto.
O órgano instrutor do procedemento administrativo previsto no artigo 6 das ditas bases reguladoras está analizando as solicitudes presentadas polos solicitantes que se acolleron á presente convocatoria de axudas.
Nunha primeira fase de revisión identificáronse varios expedientes que non reúnen algún dos requisitos exixidos nas bases reguladoras, polo que resulta procedente efectuar os oportunos requirimentos de emenda.
O artigo 6.3 das bases reguladoras dispón que, de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, este requirimento de emenda realizarase preferentemente mediante publicación no Diario Oficial de Galicia e producirá os mesmos efectos que a notificación individualizada. A dita publicación tamén se realizará na páxina web do Igape no enderezo www.tramita.igape.es, onde se establecerá o contido pormenorizado do requirimento que se fai.
Os requirimentos obxecto da presente resolución non se publican na súa integridade en virtude da cautela prevista no artigo 46 da Lei 39/2015.
En virtude do anterior,
RESOLVO:
Primeiro. Dar publicidade á relación de solicitantes cuxos expedientes deben ser obxecto de emenda segundo se recolle no anexo I a esta resolución.
Segundo. Habilitar un prazo de 10 días naturais para que os requiridos accedan á Oficina Virtual do Igape desde a páxina web do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape), no enderezo www.tramita.igape.es, utilizando o seu NIF e o código IDE do expediente, para acceder ao requirimento individualizado de emenda. Entenderase rexeitado cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición do requirimento sen que se aceda ao seu contido.
Terceiro. Establécese un prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao acceso ao requirimento individualizado para achegar a documentación sinalada.
Cuarto. De acordo co disposto no artigo 6.1 das bases reguladoras, no suposto de que non se atenda o requirimento no prazo indicado, ou se a emenda resulta incompleta ou defectuosa, terase por desistido na súa petición o solicitante e arquivarase o expediente, despois da correspondente resolución, que será ditada nos termos previstos no artigo 21 da devandita Lei 39/2015.
Santiago de Compostela, 31 de maio de 2017
Juan Manuel Cividanes Roger
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica
ANEXO I
Solicitudes de axuda suxeitas a emenda de documentación
Núm. expediente |
Titular do expediente |
NIF |
IG223.2017.1.1 |
Clúster do Producto Gráfico e do Libro Galego |
G70115282 |
IG223.2017.1.2 |
Asociación de Industriales Metalúrgicos de Galicia (Asime) |
G36614774 |
IG223.2017.1.3 |
Asociación de Industriales Metalúrgicos de Galicia (Asime) |
G36614774 |
IG223.2017.1.4 |
Asociación de Industriales Metalúrgicos de Galicia (Asime) |
G36614774 |
IG223.2017.1.5 |
Fundación Clúster de Empresas de Automoción de Galicia (Ceaga) |
G36983575 |
IG223.2017.1.6 |
Asociación Gallega de Graniteros |
G36644961 |
IG223.2017.1.7 |
Asociación Clúster de la Madera de Galicia |
G32290439 |
IG223.2017.1.8 |
Asociación Clúster Alimentario de Galicia |
G27407212 |
IG223.2017.1.9 |
Asociación Clúster del Naval Gallego |
G15710338 |