Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Venres, 9 de xuño de 2017 Páx. 28205

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2017, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, convocado pola Orde do 15 de xuño de 2015, modificada pola Orde do 12 de novembro de 2015, pola que se dá publicidade a diversos acordos.

En sesión que tivo lugar o día 5 de xuño de 2017, o tribunal nomeado pola Orde do 23 de maio de 2016 (DOG núm. 100, do 27 de maio) para cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1,

ACORDOU:

Primeiro. De acordo co establecido na base II.1.4. da orde da convocatoria do proceso selectivo, e unha vez efectuada a corrección do cuarto exercicio, publicar a cualificación do aspirante convocado:

DNI

Nome

Cualificación 4º exercicio

32636372Q

Cascón Sardiña, Antonio José

Apto

Segundo. De acordo co disposto na base II.2.7 da convocatoria, os aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación coas puntuacións, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao de publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. De conformidade co disposto na base III.13 da orde de convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Facenda, nos termos previstos nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2017

María Esther Rovira Sueiro
Presidenta do tribunal