Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Venres, 9 de xuño de 2017 Páx. 28206

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

CORRECCIÓN DE ERROS. Orde do 7 de abril de 2017 pola que se convocan procedementos selectivos de ingreso e acceso ao corpo de profesores de ensino secundario, de acceso ao corpo de profesores de música e artes escénicas, e de ingreso ao corpo de profesores técnicos de formación profesional, ao corpo de mestres e procedemento de adquisición de novas especialidades polo persoal funcionario de carreira dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores técnicos de formación profesional e mestres da Comunidade Autónoma de Galicia.

Advertidos erros na citada resolución publicada no Diario Oficial de Galicia número 73, do 17 de abril de 2017, cómpre efectuar as seguintes correccións:

Na páxina 17879, no punto 12.3.1, onde di: «Parte A. Incluirá unha proba práctica... dunha serie de exercicios por escrito que se axustará...», debe dicir: «Parte A. Incluirá unha proba práctica... dunha serie de exercicios, que poderán ser por escrito, que se axustará...».

Na páxina 17927, anexo IV, no que se refire ao exercicio práctico da especialidade de Pedagoxía Terapéutica do corpo de mestres, onde di: «4. Criterios básicos para a elaboración de adaptacións curriculares significativas e ampliación e desenvolvemento destas», debe dicir: «4. Competencias do profesorado de apoio (alumnado NEAE, aula, centro e familias)».