Advertidos erros na devandita orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 32, do 15 de febreiro de 2017, cómpre efectuar as oportunas correccións:
Na páxina 7087, artigo 4.1, onde di: «A concesión das axudas previstas nos programas desta orde estará suxeita á existencia de crédito orzamentario e realizarase con cargo ás seguintes aplicacións da Secretaría Xeral de Emprego: 09.40.324C.481.1 para o programa I, 09.40.324C.460.0 para o programa II e 09.40.324C.481.1 para o programa III».
Debe dicir: «A concesión das axudas previstas nos programas desta orde estará suxeita á existencia de crédito orzamentario e realizarase con cargo ás seguintes aplicacións da Secretaría Xeral de Emprego: 09.40.324C.481.1 para o programa I, 09.40.324C.460.0 para o programa II e 09.40.324C.481.2 para o programa III».
Na páxina 7133, no apartado 3 do artigo 52 onde di: «O financiamento das axudas previstas no programa III desta orde realizarase con cargo á aplicación 09.40.324C.481.1 cunha contía inicial de cento trinta mil euros (130.000 €) correspondentes a fondos finalistas do Estado, de acordo cos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2017…..».
Debe dicir: «O financiamento das axudas previstas no programa III desta orde realizarase con cargo á aplicación 09.40.324C.481.2 cunha contía inicial de cento trinta mil euros (130.000 €) correspondentes a fondos finalistas do Estado, de acordo cos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2017….».
Na páxina 7133, no parágrafo 4 do apartado 4 do artigo 52 onde di: «Programa III: 130.000 € (09.40.324C.481.1)».
Debe dicir: «Programa III: 130.000 € (09.40.324C.481.2)».