Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 109 Venres, 9 de xuño de 2017 Páx. 28006

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 31 de maio de 2017, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se dá publicidade ao Acordo do Consello da Xunta do 24 de maio de 2017, polo que se recoñece a condición de comunidade galega á entidade Xuntanza de Galegos en Alcobendas.

O Consello da Xunta na súa reunión do día vinte e catro de maio de dous mil dezasete, adoptou o acordo polo que se recoñece a condición de comunidade galega á entidade Xuntanza de Galegos en Alcobendas.

Sendo necesario proceder á publicación do devandito acordo, de conformidade co establecido no artigo 8 do Decreto 66/2014, do 23 de maio, polo que se regula o recoñecemento e revogación da condición de comunidade galega e de centro colaborador da galeguidade, o Rexistro da Galeguidade e o seu funcionamento,

RESOLVO:

Darlle publicidade ao acordo do Consello da Xunta do día vinte e catro de maio de dous mil dezasete, que figura como anexo á presente resolución.

Santiago de Compostela, 31 de maio de 2017

Antonio Rodríguez Miranda
Secretario xeral da Emigración

ANEXO

O Consello da Xunta na súa reunión do día vinte e catro de maio de dous mil dezasete, adoptou entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro. En virtude do establecido no artigo 9 da Lei 7/2013, do 13 de xuño, da galeguidade, e no artigo 8 do Decreto 66/2014, do 23 de maio, polo que se regula o recoñecemento e revogación da condición de comunidade galega e de centro colaborador da galeguidade, o Rexistro da Galeguidade e o seu funcionamento, por proposta da Secretaría Xeral da Emigración, logo dos informes favorables da persoa encargada do Rexistro da Galeguidade e da Comisión Delegada do Consello de Comunidades Galegas, recoñécese a condición de comunidade galega á seguinte entidade: Xuntanza de Galegos en Alcobendas.

Segundo. Autorizar á Secretaría Xeral Emigración para publicar o presente acordo no Diario Oficial Galicia.