Con motivo da ausencia do presidente da Xunta de Galicia, por mor dunha viaxe á República Popular China, é necesario prover a súa substitución durante o tempo de duración desta.
Polo tanto, en uso das atribucións que me confire o artigo 26.7 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa Presidencia, e conforme o establecido no Decreto 148/2016, do 13 de novembro,
DISPOÑO:
Artigo único. Durante a ausencia do presidente da Xunta de Galicia, con motivo da súa viaxe á República Popular China, encárgaselle o despacho de asuntos da Presidencia, desde o día 12 de xuño ata o seu regreso, ao vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.
Santiago de Compostela, nove de xuño de dous mil dezasete
Alberto Núñez Feijóo
Presidente