Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 110 Luns, 12 de xuño de 2017 Páx. 28363

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 24 de maio de 2017 pola que se autorizan a apertura e o funcionamento do centro de ensinanzas artísticas elementais de danza Danza 10 Studio da Coruña.

A titularidade do centro Danza 10 Studio da Coruña solicita a autorización de apertura e funcionamento do centro para impartir as ensinanzas artísticas elementais de danza.

Logo da tramitación do expediente de acordo co disposto no Decreto 253/1995, do 29 de setembro, de autorización a centros docentes privados para impartir ensinanzas artísticas, na Orde do 5 de decembro de 1996, que o desenvolve, e no Decreto 196/2007, do 20 de setembro, que establece a ordenación do grao elemental das ensinanzas de réxime especial de danza, en relación cos centros que impartan ensinanzas artísticas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, e por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Primeiro. Autorizar a apertura e o funcionamento do centro que se sinala a continuación:

Denominación xenérica: centro autorizado de ensinanzas artísticas elementais de danza (Ceda).

Denominación específica: Danza 10 Studio.

Código do centro: 15033095.

Titular: Soundance 360, S.L.N.E.

Domicilio: rúa José María Rivera Corral, 1 local 8A-CC Comcor.

Localidade: A Coruña.

Código postal: 32004.

Concello: A Coruña.

Provincia: A Coruña.

Ensinanzas elementais de danza: 90 postos escolares.

Segundo. Para a posta en funcionamento das ensinanzas que se autorizan, a Xefatura Territorial da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Coruña, logo do informe do Servizo Territorial de Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que impartirá docencia no dito centro, así como o equipamento adecuado.

Terceiro. Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Cuarto. O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición, ante esta consellería, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 24 de maio de 2017

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria