Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Martes, 13 de xuño de 2017 Páx. 28860

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 8 de xuño de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a relación definitiva das persoas aspirantes admitidas e excluídas, así como das exentas e non exentas do exercicio de lingua galega, e se nomean os tribunais cualificadores do concurso-oposición para o ingreso nas categorías de médico/a asistencial do 061, médico/a coordinador/a do 061 e médico/a de urxencias hospitalarias, convocado mediante a Resolución do 22 de decembro de 2016.

Mediante Resolución do 22 de decembro de 2016 desta dirección xeral (Diario Oficial de Galicia núm. 7, do 11 de xaneiro de 2017) convocouse concurso-oposición para o ingreso nas categorías de médico/a asistencial do 061, médico/a coordinador/a do 061 e médico/a de urxencias hospitalarias.

Por Resolución do 31 de marzo de 2017 (Diario Oficial de Galicia núm. 70, do 10 de abril) publicouse a relación provisional de aspirantes admitidos/as e excluídos/as, así como dos/das exentos/as e non exentos/as da realización do exercicio de lingua galega.

Na base sétima da resolución de convocatoria disponse que os tribunais cualificadores do concurso-oposición serán nomeados pola autoridade convocante cunha antelación mínima dun mes ao día da data de realización das probas e para este efecto publicarase a oportuna resolución no Diario Oficial de Galicia.

De conformidade coa antedita base e finalizado o prazo de emenda previsto no número 6.2 desta mesma resolución, este centro directivo, como órgano convocante do proceso,

RESOLVE:

Primeiro. Publicar, con carácter definitivo e por categoría, a relación das persoas aspirantes admitidas e excluídas, así como das exentas e non exentas da realización do exercicio de lingua galega, no concurso-oposición para o ingreso nas categorías de médico/a asistencial do 061, médico/a coordinador/a do 061 e médico/a de urxencias hospitalarias convocado mediante a Resolución do 22 de decembro de 2016.

Segundo. As listas coa relación definitiva de persoas aspirantes admitidas e excluídas, con indicación do motivo de exclusión, e as declaradas exentas e non exentas da realización do exercicio de lingua galega, poderanse examinar na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado polo/a solicitante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.

Terceiro. Nomear os membros dos tribunais, titulares e suplentes, que xulgarán o proceso selectivo e que se relacionan, para cada categoría, no anexo desta resolución.

Cuarto. Declarar de aplicación a este proceso as normas de funcionamento e actuación dos tribunais e persoal colaborador negociadas e aprobadas na Mesa Sectorial de Sanidade, publicadas á disposición das persoas interesadas na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Quinto. De conformidade coa base 6.3 da Resolución do 22 de decembro de 2016, contra esta resolución as persoas interesadas poderán interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co disposto nos artigos 8.2 e 10.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Potestativamente, e con carácter previo, poderán interpoñer recurso de reposición, ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes contado desde a mesma data.

Santiago de Compostela, 8 de xuño de 2017

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos

ANEXO

Médico/a asistencial 061

Presidente/a titular

García Moure, Xoán Manuel

Persoal estatutario licenciado sanitario

Médico/a asistencial 061

Secretario/a titular

Montero Furelos, María José

Persoal estatutario de xestión e servizos

Grupo técnico da función administrativa

Vogal titular

Aboal Beato, Miguel Ángel

Persoal estatutario licenciado sanitario

Médico/a de familia

Vogal titular

García Estraviz, Carlos

Persoal estatutario licenciado sanitario

Médico/a asistencial 061

Vogal titular

Díez Lindin, Irene Oliva

Persoal estatutario licenciado sanitario

Médico/a de urxencias hospitalarias

Presidente/a suplente

Vázquez Lema, M.ª Carmen

Persoal estatutario licenciado sanitario

Médico/a asistencial 061

Secretario/a suplente

Díaz López, Manuel

Persoal funcionario do corpo superior da Administración da Xunta de Galicia

Vogal suplente

Redondo Martínez, María Elva

Persoal estatutario licenciado sanitario

Médico/a asistencial 061

Vogal suplente

González González, Carmen

Persoal estatutario licenciado sanitario

Médico/a de familia

Vogal suplente

Pichel Loureiro, Ángel

Persoal estatutario licenciado sanitario

Médico/a de urxencias hospitalarias

Médico/a coordinador /a 061

Presidente/a titular

Rodríguez Rivera, Antonio

Persoal estatutario licenciado sanitario

Médico/a coordinador 061

Secretario/a titular

Díaz López, Manuel

Persoal funcionario do corpo superior da Administración da Xunta de Galicia

Vogal titular

Cal Durán, María Victoria

Persoal estatutario licenciado sanitario

Médico/a de familia

Vogal titular

Lázaro Anguis, Juan Manuel

Persoal estatutario licenciado sanitario

Médico/a de urxencias hospitalarias

Vogal titular

Mirás Bello, Carlos David

Persoal estatutario licenciado sanitario

Médico/a coordinador 061

Presidente/a suplente

Dosil Díaz, Olga

Persoal estatutario licenciado sanitario

Médico/a coordinador 061

Secretario/a suplente

López Suárez, Alberto

Persoal estatutario de xestión e servizos

Grupo técnico da función administrativa

Vogal suplente

Rodríguez Bouza, M.ª Hortensia

Persoal estatutario licenciado sanitario

Médico/a de urxencias hospitalarias

Vogal suplente

Maañón del Riego, Adriana

Persoal estatutario licenciado sanitario

Médico/a de familia

Vogal suplente

Díaz Jullien, Carlota

Persoal estatutario licenciado sanitario

Médico/a coordinador 061

Médico/a de urxencias hospitalarias

Presidente/a titular

Carracedo García, Ana M.ª

Persoal estatutario licenciado sanitario

Médico/a de urxencias hospitalarias

Secretario/a titular

Díaz López, Manuel

Persoal funcionario do corpo superior da Administración da Xunta de Galicia

Vogal titular

Bermúdez González, Miguel

Persoal estatutario licenciado sanitario

Médico/a de urxencias hospitalarias

Vogal titular

Regueiro Corbillón, Luis Antonio

Persoal estatutario licenciado sanitario

Médico/a de urxencias hospitalarias

Vogal titular

Pérez Fernández, Estrella

Persoal estatutario licenciado sanitario

Médico/a de urxencias hospitalarias

Presidente/a suplente

Pichel Loureiro, Ángel

Persoal estatutario licenciado sanitario

Médico/a de urxencias hospitalarias

Secretario/a suplente

López Suárez, Alberto

Persoal estatutario de xestión e servizos

Vogal suplente

Leal Barcia, Rafael

Persoal estatutario licenciado sanitario

Médico/a de urxencias hospitalarias

Vogal suplente

Castro Romero, Benito

Persoal estatutario licenciado sanitario

Médico/a de urxencias hospitalarias

Vogal suplente

Rodríguez Quintana, María Esther

Persoal estatutario licenciado sanitario

Médico/a de urxencias hospitalarias