Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Martes, 13 de xuño de 2017 Páx. 28911

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 6 de xuño de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto non suxeito a regulación harmonizada, da contratación documentalmente simplificada do servizo de mantemento integral no centro residencial docente de Ourense (expediente ED-06/17 SE).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica. Subdirección Xeral de Construcións e Equipamento. Servizo de Obras e Equipamentos.

c) Número de expediente: ED-06/17 SE.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: mantemento integral do centro residencial docente de Ourense.

b) División por lotes e número: non.

c) Lugar de execución: CRD de Ourense.

d) Prazo de execución: dous anos.

e) Admisión de prórroga: si, un ano.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma adxudicación: oferta máis vantaxosa tendo en conta os criterios que figuran no punto 6 do prego de cláusulas adminitrativas particulares.

4. Orzamento base de licitación.

Prezo: 133.475,59 euros (IVE excluído). IVE: 28.029,87 euros. Importe total: 161.505,46 euros.

5. Garantías.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do orzamento de licitación (IVE excluído).

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación da empresa: non é obrigatoria. Grupo O, subgrupo 1, categoría A ou 1.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver o prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Secretaría Xeral Técnica.

b) Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano, s/n. 15781 Santiago de Compostela.

c) Teléfono: 981 54 44 53/981 54 44 95.

d) Poderanse consultar e/ou obter os pregos así como a información correspondente a esta contratación no seguinte enderezo da internet:

www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=167835.

8. Presentación das ofertas.

a) Prazo de presentación: as proposicións presentaranse no prazo de dezaseis (16) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Hora límite de presentación: ata as 14.00 horas do último día de presentación de proposicións.

c) Documentación que hai que presentar: a sinalada no prego tipo de cláusulas administrativas e no cadro de especificacións particulares do prego tipo.

d) Lugar de presentación:

1ª. Entidade: Rexistro Xeral da Xunta de Galicia ou por correo.

Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama ou fax (881 99 91 49) no mesmo día.

2ª. Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

3ª. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data e hora: a apertura dos sobres 2 e 3 publicarase no perfil do contratante.

10. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2017

Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación e
Ordenación Universitaria