Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 111 Martes, 13 de xuño de 2017 Páx. 28914

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 9 de xuño de 2017, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto non suxeito a regulación harmonizada, da contratación documentalmente simplificada da obra de rehabilitación integral (enerxética e funcional) do CEIP da Serra de Outes en Outes, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, eixe 4, obxectivo específico 04.03.01 (expediente ED 3/17-O).

missing image file

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica. Subdirección Xeral de Construcións e Equipamento.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: obra rehabilitación integral (enerxética e funcional) do CEIP da Serra de Outes.

b) Lugar de execución: Outes (A Coruña).

c) Prazo de execución: 2,5 meses.

d) Clasificación: non se exixe. En substitución da solvencia, os licitadores poderán presentar a seguinte clasificación grupo C, categoría 3.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: oferta máis vantaxosa tendo en conta os criterios que figuran no punto 15 e 16 do cadro de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Orzamento base de licitación.

a) Valor estimado: 448.851,80 €.

b) IVE: 94.258,88 €.

c) Importe total: 543.110,68 €. O dito importe está cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, eixe 4, obxectivo específico 04.03.01.

5. Garantía provisional.

a) 2 % do importe do orzamento base de licitación (IVE excluído) (8.977,04 €).

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Secretaría Xeral Técnica. Subdirección Xeral de Construcións e Equipamento.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela (A Coruña).

c) Teléfono: 981 54 44 55.

d) Poderanse consultar e/ou obter o prego de cláusulas administrativas particulares e o correspondente cadro de especificacións, así como a información relativa a esta contratación no seguinte enderezo da internet:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=160478

7. Presentación das ofertas.

a) Prazo de presentación: as proposicións presentaranse no prazo de trece (13) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

i) Entidade: Rexistro Xeral da Xunta de Galicia ou por correo.

Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama ou fax (881 99 91 49) no mesmo día.

ii) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela (A Coruña).

8. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Univeristaria.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela (A Coruña).

c) A apertura dos sobres B e C, publicarase no perfil do contratante.

9. Gastos do anuncio. Por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 9 de xuño de 2017

Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria