Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 14 de xuño de 2017 Páx. 29178

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 29 de maio de 2017 polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia no expediente da renda básica de emancipación relativo ao control de ingresos do exercicio económico 2013.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia da resolución de revogación do dereito á renda básica de emancipación dos mozos e inicio do procedemento de reintegro relativo ao control de ingresos do exercicio económico 2013.

A comparecencia para coñecer o contido íntegro da dita resolución deberá efectuarse no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas oficinas de tramitación da renda básica de emancipación das diferentes oficinas de Xestión do Solo de Galicia Xestur, S.A. que correspondan segundo se relaciona no anexo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A eficacia deste anuncio quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

O anuncio remitirase, así mesmo, aos concellos correspondentes ao último enderezo coñecido de cada persoa interesada, en aplicación do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, co obxecto de que procedan á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Santiago de Compostela, 29 de maio de 2017

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANEXO

Expediente

Persoas interesadas

DNI/NIE

Dependencias comparecencia

RBE-37071-11

RBE0150010102605511S

María Cristina López de Manterola Atiénzar

…144D

A Coruña

A Coruña: rolda de Nelle, 12 bis, 1º, 15005 A Coruña. Teléfono: 981 29 48 72.