Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 14 de xuño de 2017 Páx. 29176

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Turismo de Galicia

CÉDULA do 1 de xuño de 2017, da Área Provincial de Pontevedra, pola que se notifica o acordo de incoación do expediente sancionador PO-S-14/2017, por infracción administrativa en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselle a persoa que se cita no anexo o acordo de incoación ditado pola Xefatura da Área Provincial de Pontevedra da Axencia Turismo de Galicia, do expediente sancionador en materia de turismo PO-S-14/2017 por infracción administrativa da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, xa que, intentada polos medios habituais, non se puido practicar.

Concédeselle un prazo de quince días, de conformidade cos artigos 3.2 e 16.1 do Real decreto 1398/1993, para que a interesada presente alegacións, documentos e informacións que xulgue convenientes ou, de ser o caso, propoña probas concretando os medios de que pretenda valerse. Expirado o prazo sen ter formulado alegacións, este acordo considerarase proposta de resolución, de acordo co disposto no artigo 13.2 do citado real decreto.

Pontevedra, 1 de xuño de 2017

Mª Ángeles Herrero Pérez
Xefa da Área Provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: PO-S-14/2017.

Titular interesada: La Barraca Tui, S.L.

Establecemento: A Barraca.

Enderezo: r/ Calvo Sotelo, nº 30.

Concello: Tui.

Provincia: Pontevedra.

Feitos imputados: a realización de actividades e a prestación de servizos turísticos sen que se presentase a correspondente declaración responsable ou se obtivese a preceptiva autorización turística, se é o caso.

Preceptos infrinxidos: artigo 35.a) da Lei 7/2011, do 27 de outubro, de turismo de Galicia

Sanción proposta: 3.500 euros, de conformidade co establecido no artigo 110.1 da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia.