Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 14 de xuño de 2017 Páx. 29174

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 31 de maio de 2017 pola que se fai pública a formalización do servizo para a elaboración do Plan tecnolóxico de modernización da xestión ambiental en Galicia, cofinanciado nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (expediente 2017/PA/0019).

missing image file

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: o obxecto desta contratación é a elaboración do Plan tecnolóxico de modernización da xestión ambiental en Galicia, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020. O plan de sistemas será o marco de referencia para o desenvolvemento de sistemas de información que respondan aos obxectivos estratéxicos da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático no período 2017-2020.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG

e) Data de publicación do anuncio de licitación: DOG: 1.3.2017.

3. Tramitación e procedemento.

a) Procedemento: aberto.

b) Tramitación: ordinaria, documentalmente simplificada.

4. Valor estimado do contrato: o valor estimado é de 40.134,30 €.

5. Orzamento base de licitación.

O orzamento máximo autorizado é de 40.134,30 € (corenta mil cento trinta e catro euros con trinta céntimos), máis 8.428,20 € (oito mil catrocentos vinte e oito euros con vinte céntimos) que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 48.562,50 € (corenta e oito mil cincocentos sesenta e dous euros con cincuenta céntimos).

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 18.5.2017.

b) Data de formalización do contrato: 31.5.2017.

c) Contratista: Indra Sistemas, S.A.

d) Importe de adxudicación: 41.133,95 € (IVE incluído).

Santiago de Compostela, 31 de maio de 2017

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia