Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 14 de xuño de 2017 Páx. 29147

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 26 de maio de 2017, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se fai pública a disolución de pleno dereito da entidade Santos Anxos de Elviña, Sociedade Cooperativa Galega.

En cumprimento do disposto nos artigos 86 e 87 da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, e no 62 do Regulamento do Rexistro de Cooperativas de Galicia, aprobado polo Decreto 430/2001, do 18 de decembro, faise público que esta xefatura territorial resolveu inscribir a disolución de pleno dereito da entidade modificación dos estatutos sociais da entidade Santos Anxos de Elviña, Sociedade Cooperativa Galega, mediante a Resolución do 25 de maio de 2017, no Rexistro Provincial de Cooperativas da Coruña.

A Coruña, 26 de maio de 2017

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña