Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 112 Mércores, 14 de xuño de 2017 Páx. 29148

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 31 de maio de 2017, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica a resolución dun expediente sancionador en materia de comercio.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, notifícaselle a Expo Jerusalén, S.L., con último enderezo coñecido na rúa Curros Enríquez, 20, 32003 Ourense, a resolución dun expediente sancionador pola causa prevista nos artigos 10.3) e 10.7) da Lei 13/2010, do 17 de decembro, do comercio interior de Galicia.

O interesado dispón dun prazo de quince días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, para formular as alegacións e presentar os documentos e xustificacións que considere oportunos na súa defensa, de conformidade co establecido no artigo 82.2 da citada Lei 39/2015. No suposto de non efectuar alegacións no prazo indicado, o expediente sancionador proseguirá a súa tramitación.

Ourense, 31 de maio de 2017

Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense