Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 19 de xuño de 2017 Páx. 29813

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 9 de xuño de 2017, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se regula a incorporación ao programa de dobre titulación de Bacharelato e Baccalauréat -Bachibac- en centros educativos sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2017/18.

Co obxecto de continuar coas accións de mellora enmarcadas na Estratexia galega de linguas estranxeiras EDUlingüe 2020, así como a vontade de seguir promovendo a cooperación en materia educativa con Francia, procede a regulación da implantación do programa de dobre titulación de Bacharelato e Baccalauréat -Bachibac- en centros educativos de Galicia para o curso 2017/18.

Con esta finalidade, a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, resolve anunciar:

Primeiro. A regulación e convocatoria de incorporación ao programa de dobre titulación de Bacharelato e Baccalauréat –Bachibac– en centros educativos sostidos con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso 2017/18 estará dispoñible na páxina web da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria:

www.edu.xunta.gal/portal

Segundo. O prazo de presentación de solicitudes comezará o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no DOG e rematará o día 10 de xullo de 2017.

Terceiro. Os centros docentes que desexen impartir o programa Bachibac deberán formular a súa solicitude ante a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, conforme o modelo que figura como anexo I da convocatoria, e dirixila á Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

Santiago de Compostela, 2 de xuño de 2017

Manuel Corredoira López
Director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa