Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 19 de xuño de 2017 Páx. 29810

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

EXTRACTO da Orde do 8 de xuño de 2017, conxunta da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e da Consellería de Economía, Emprego e Industria, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para a consolidación e estruturación de unidades de investigación competitivas e outras accións de fomento nas universidades do SUG, nos organismos públicos de investigación de Galicia e noutras entidades do Sistema galego de I+D+i, e se procede á súa convocatoria para o exercicio 2017.

BDNS (Identif.): 351347.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdns/index):

Primeiro. Entidades beneficiarias

As seguintes entidades: a) as universidades do SUG; b) os organismos públicos de investigación de Galicia; c) as fundacións de investigación sanitaria de Galicia (Fundación para a Investigación, Desenvolvemento e Innovación Ramón Domínguez, Fundación Profesor Novoa Santos e Fundación Biomédica Galicia Sur); d) os centros do CSIC (Consello Superior de Investigacións Científicas) e do IEO (Instituto Español de Oceanografía) radicados en Galicia, segundo os requisitos establecidos nos anexos I, II, III e IV para cada caso.

Segundo. Obxecto

Axudas para consolidar, estruturar e especializar as unidades de investigación máis competitivas do Sistema galego de I+D+i mediante as seguintes modalidades:

– Modalidade A: grupos de referencia competitiva (GRC). Axudas para a consolidación de grupos de investigación das entidades solicitantes que, pola súa produción científica e pola súa actividade de I+D, constitúan unha referencia no Sistema galego de I+D+i.

– Modalidade B: grupos con potencial de crecemento (GPC). Axudas para a consolidación de grupos de investigación das entidades solicitantes que, pola súa produción científica e pola súa actividade de I+D, amosen potencial de crecemento ata converterse en grupos de referencia do sistema de I+D+i galego.

– Modalidade C: redes de investigación. Axudas a grupos de investigación para apoiar o desenvolvemento dun plan de actuacións en rede que permita conformar novas capacidades científicas e abordar con maior efectividade novos obxectivos en investigación.

– Modalidade D: proxectos de persoal investigador con traxectoria excelente. Axudas para a realización de proxectos de investigación a investigadores individuais que, contando cunha traxectoria excelente consolidada ou en formación, teñen que afianzar unha liña de traballo baseada en proxectos de alto impacto, fundamentalmente nos ámbitos nacional e internacional. Estas axudas adoptarán, segundo as características dos investigadores ou investigadoras, dúas modalidades: 1. Liña de reforzo da traxectoria investigadora consolidada, e 2. Liña de reforzo de traxectorias emerxentes.

Terceiro. Bases reguladoras

Publícanse conxuntamente coa convocatoria.

Cuarto. Contía

O importe total da convocatoria é de 24.810.000 €.

– Modalidade A (GRC). Terá unha duración máxima de 4 anos. O importe máximo destas axudas estará determinado por un módulo estrutural dun máximo de 50.000 €, composto por un fixo de 25.000 € máis un variable máximo de 25.000 €, tendo en conta os ingresos medios do grupo, e un módulo variable dun máximo de 50.000 € (20.000, 30.000 ou 50.000 €), acumulable ao anterior, en función dos ingresos anuais medios do grupo nos tres exercicios anteriores á concesión.

– Modalidade B (GPC). A contía máxima é de 20.000 € na primeira anualidade e de 35.000 € na segunda e na terceira. As axudas serán de aplicación por un período de tres anualidades.

– Modalidade C (redes de investigación). A axuda consistirá nunha contía fixa anual de 30.000 € para os anos 2017 e 2019 e de 60.000 € para o ano 2018. As axudas serán de aplicación por un período de tres anualidades, mediante o pagamento anual á entidade a que pertenza o grupo que coordine a rede.

– Modalidade D (proxectos de excelencia). No caso dos proxectos que se acollan á liña de traxectoria investigadora consolidada, as axudas serán de aplicación por un período de ata catro anualidades, mediante o pagamento anual á institución a que pertenza a persoa que lidere o proxecto dunha contía máxima anual de 50.000 €. No caso dos proxectos que se acollan á liña de traxectoria investigadora emerxente, as axudas serán de aplicación por un período máximo de ata cinco anualidades, mediante o pagamento anual á institución a que pertenza a persoa que lidere o proxecto dunha contía máxima anual de 15.000 € para o ano 2017, e de 25.000 € para os anos 2018, 2019, 2020 e 2021.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

Un mes, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 8 de xuño de 2017

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación
e Ordenación Universitaria

Francisco Conde López
Conselleiro de Economía, Emprego
e Industria e presidente da Axencia
Galega de Innovación