Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 19 de xuño de 2017 Páx. 30021

VI. Anuncios

b) Administración local

Instituto Municipal Coruña Espectáculos

ANUNCIO de licitación da Batalla Naval da Coruña 2017.

1. Entidade organizadora: Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE).

2. Obxecto do contrato: realización do espectáculo pirotécnico da Batalla Naval 2017.

3. Prezo do contrato: tipo máximo de licitación: 42.350,00 € anuais, IVE incluído, cuxa base impoñible ascende a 35.000,00 € e 7.350,00 € ao IVE correspondente.

4. Duración do contrato: desde a súa sinatura ata a completa retirada de residuos e limpeza de toda a zona afectada, que se realizará tras a finalización do espectáculo pirotécnico.

5. Tramitación: ordinaria.

6. Procedimento: aberto.

7. Garantía provisional: non se exixe.

8. Garantía definitiva: 10 % do importe de adxudicación (IVE excluído).

9. Obtención de documentación e información: oficinas do IMCE, sitas na avda. A Mariña, 18 (edificio Casa Paredes), 15001 A Coruña. Perfil de contratante www.coruna.es. Enderezo de correo electrónico: a.canosa@coruna.es.

10. Clasificación: non se exixe.

11. Criterios de adxudicación: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

12. Presentación de proposicións: prazo de 15 días naturais desde o seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia ou o Boletín Oficial da provincia da Coruña, segundo cal sexa o último en que se publique, finalizando ás 14.00 horas. No suposto de resultar sábado ou festivo o día de finalización do prazo, prorrogarase automaticamente ao día hábil seguinte.

Documentación que hai que presentar: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación: Rexistro do IMCE avda. A Mariña, 18 (edificio Casa Paredes), 15001 A Coruña.

Apertura de ofertas económicas: lugar e día que se sinale no perfil de contratante www.coruna.es.

13. Outras informacións: véxase o prego de cláusulas administrativas particulares.

A Coruña, 9 de xuño de 2017

Presidente do Instituto Municipal Coruña Espectáculos
P.D. (Decreto do 22.6.2015)
José Manuel Sande García
Vicepresidente do Instituto Municipal Coruña Espectáculos