Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 20 de xuño de 2017 Páx. 30035

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 9 de xuño de 2017 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 8 de xuño de 2017 polo que se aproba a relación de postos de traballo da Axencia Tributaria de Galicia.

A aprobación da relación de postos de traballo da axencia pública autonómica Axencia Tributaria de Galicia xustifícase polas razóns indicadas no punto primeiro do acordo.

En consecuencia, por proposta da directora da Axencia, unha vez consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 8 de xuño de 2017, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro. Apróbase a relación de postos de traballo da Axencia Tributaria de Galicia, nos termos que se sinalan no anexo a este acordo, como consecuencia da necesidade da súa adaptación á estrutura establecida no Decreto 30/2017, do 30 de marzo, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Facenda, nas necesidades funcionais e organizativas actuais desta, así como na Orde da Consellería de Facenda do 10 de maio de 2017 pola que se modifica a Orde do 21 de novembro de 1989 pola que se fixan os criterios xerais para a elaboración das relacións de postos de traballo da Comunidade Autónoma de Galicia e se aproba o modelo e se ditan instrucións para o cubrir.

Segundo. Clasifícanse de libre designación os postos que a seguir se relacionan en aplicación do criterio de excepcionalidade que á marxe se indica, de conformidade co previsto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e co disposto na Resolución do 25 de febreiro de 2016, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se ditan instrucións para a tramitación de relacións de postos de traballo e a determinación dos criterios de excepcionalidade e funcións que definen as características que motivan a especial responsabilidade ou cualificación profesional dos postos de traballo de libre designación, de nivel 28 ou inferior, da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia:

Código do posto

Denominación
do posto

Criterio

FC.A29.10.000.15001.001

Delegado/a

• Especial responsabilidade por xestionar información especialmente reservada da Xunta de Galicia:

Asesoramento e dependencia directa dun alto cargo.

• Especial responsabilidade por garantir o adecuado exercicio de autoridade e/ou inspección administrativa da Xunta de Galicia:

Exercicio das competencias da Atriga nas delegacións.

FC.A29.10.000.27001.001

Delegado/a

FC.A29.10.000.32001.001

Delegado/a

FC.A29.10.000.36001.001

Delegado/a

FC.A29.10.000.36560.001

Delegado/a

Terceiro. Ordénase a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 8 de xuño de 2017, relativo á aprobación da relación de postos de traballo da axencia pública autonómica Axencia Tributaria de Galicia, coa finalidade de cumprir o dito acordo, de conformidade coa Orde da Consellería de Facenda do 8 de xullo de 2013 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 136, do 18 de xullo), dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 9 de xuño de 2017

O conselleiro de Facenda
P.D. (Orde do 8.7.2013)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file