Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 20 de xuño de 2017 Páx. 30149

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 15 de xuño de 2017 pola que se modifica a composición do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia, subgrupo C1, escala de delineantes.

Unha vez perdida a condición de funcionario por xubilación do presidente titular do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia, subgrupo C1, escala de delineantes, convocado pola Orde da Consellería de Facenda do 16 de xullo de 2013 (DOG núm. 140, do 24 de xullo), nomeado pola Orde do 13 de febreiro de 2014 (DOG núm. 37, do 24 de febreiro), modificada pola Orde do 19 de marzo de 2014 (DOG núm. 61, do 28 de marzo), e para a execución das sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ditadas nos procedementos ordinarios 77/2015, 197/2015 e 198/2015, de conformidade co establecido nas bases da convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Nomear como presidente titular do tribunal encargado de cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia, subgrupo C1, escala de delineantes a Guillermo Acebal Lucía, funcionario pertencente ao corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros, especialidade de enxeñaría de montes que figuraba como presidente suplente.

Segundo. Nomear como presidente suplente do dito tribunal a Alberto Feijoo Rodríguez, funcionario pertencente ao corpo facultativo superior de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, escala de arquitectos.

Santiago de Compostela, 15 de xuño de 2017

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda