Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 20 de xuño de 2017 Páx. 30150

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 9 de xuño de 2017, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se publica a orde de prelación e a puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización das listas de selección temporal de diversas categorías de persoal estatutario.

O vixente Pacto sobre selección de persoal estatutario temporal do Sistema público de saúde de Galicia, publicado por Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos (Diario Oficial de Galicia núm. 123, do 30 de xuño), regula na súa norma II.4.4 a xeración e publicación das listas.

Por Resolución do 17 de abril de 2017 (Diario Oficial de Galicia núm. 78, do 24 de abril) publicáronse os resultados provisionais de baremación dos/das aspirantes admitidos/as nas categorías de calefactor/a, condutor/a, electricista, fontaneiro/a, mecánico/a e persoal de servizos xerais.

Finalizado o prazo previsto no punto terceiro da citada resolución e analizadas as reclamacións presentadas, este centro directivo, de conformidade co anexo I, base novena, da Resolución do 12 de setembro de 2013,

RESOLVE:

Primeiro. Aprobar a orde de prelación e a puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas no proceso de actualización das listas para a formalización de nomeamentos estatutarios temporais no ámbito do Sistema público de saúde de Galicia nas categorías de calefactor/a, condutor/a, electricista, fontaneiro/a, mecánico/a e persoal de servizos xerais.

Segundo. As listas co número de orde e a puntuación definitiva obtidas polas persoas aspirantes admitidas atópanse publicadas, á disposición das persoas interesadas, na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado polo/a aspirante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.

Terceiro. De conformidade co anexo I, base novena, da Resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde do 12 de setembro de 2013, contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte á súa publicación, de conformidade co establecido nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, e con carácter previo, poderase interpoñer recurso de reposición ante este mesmo órgano, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte á súa publicación.

Cuarto. As listas entrarán en vigor con efectos do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de xuño de 2017

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos