Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 20 de xuño de 2017 Páx. 30139

III. Outras disposicións

Instituto Galego do Consumo e da Competencia

RESOLUCIÓN do 9 de xuño de 2017 pola que se concede unha bolsa de formación na Escola Galega do Consumo, convocada por Resolución do 30 de decembro de 2016, e se establece a lista de reserva.

Mediante Resolución do 30 de decembro de 2016 (DOG núm. 38, do 23 de febreiro de 2017), establecéronse as bases reguladoras para a concesión dunha bolsa de formación na Escola Galega do Consumo, dependente do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, e procedeuse á súa convocatoria para o ano 2017.

Unha vez concluído o prazo de presentación de instancias e avaliadas as solicitudes presentadas de acordo cos criterios fixados no artigo 12 das bases reguladoras, a comisión de valoración elevou a persoa proposta para a concesión da bolsa e a lista de reserva para o caso de non aceptación ou renuncia da bolsa concedida.

En virtude do anterior, e de conformidade co establecido no artigo 14.2 das bases reguladoras,

RESOLVO:

Primeiro. Conceder a bolsa de formación na Escola Galega do Consumo, dependente do Instituto Galego do Consumo e da Competencia, á persoa beneficiaria que se relaciona no anexo I desta resolución.

A bolsa estará dotada con 900 euros brutos por mes.

Segundo. Establecer a lista de reserva, por orde de prelación, que se indica no anexo II desta resolución para o caso de non aceptación ou renuncia da bolsa concedida.

Terceiro. Non admitir as solicitudes presentadas polas persoas que se relacionan no anexo III desta resolución, por non cumpriren cos requisitos exixidos.

Cuarto. Desestimar as demais solicitudes presentadas ao abeiro da Resolución do 30 de decembro de 2016 por non cumpriren coas exixencias establecidas no artigo 12 das bases reguladoras (anexo IV).

Quinto. Dispoñer gastos mediante a expedición dos correspondentes documentos contables con cargo ás partidas orzamentarias 09.80.613A.480.0 (formación en materia de educación para o consumo responsable) e 09.80.613A.484.0 (cotas Seguridade Social bolseiros) dos orzamentos xerais da comunidade autónoma para o ano 2017, e que se destinarán ao pagamento da persoa bolseira e das custas da Seguridade Social.

A contía da bolsa calcúlase desde a data de incorporación da persoa beneficiaria ata o 31 de decembro de 2017.

Sexto. A persoa beneficiaria deberá comunicar a súa aceptación ou renuncia no prazo máximo de cinco días hábiles contados desde o seguinte ao da notificación desta resolución.

Transcorrido o dito prazo, se a persoa beneficiaria non se declarase en ningún sentido, entenderase que acepta a bolsa.

Así mesmo, no caso de que a persoa beneficiaria non acepte a bolsa ou non poida incorporarse por calquera outro motivo, poderá ser substituída polas persoas que figuran na lista de reserva en función da súa puntuación.

Sétimo. A persoa beneficiaria da bolsa terá as obrigas establecidas no artigo 20 das bases reguladoras (Obrigas da persoa beneficiaria).

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, cabe interpoñer recurso potestativo de reposición ante o órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses que se contarán desde a mesma data. En todo caso, non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición.

Notifíquese esta resolución ás persoas interesadas.

Santiago de Compostela, 9 de xuño de 2017

Sol Mª Vázquez Abeal
Directora do Instituto Galego do Consumo e da Competencia

ANEXO I

Persoa beneficiaria da bolsa de formación na Escola Galega do Consumo

Nº expediente

Solicitante

IN117A/17/003

García Soage, Andrea

ANEXO II

Lista de persoas suplentes, por orde de prelación, para cubrir as vacantes que se poidan producir por non aceptación ou renuncia da bolsa concedida

Orde

Nº expediente

Solicitante

1

IN117A/17/046

Guitián Astray, Ánxela

2

IN117A/17/008

Lorenzo Blanco, Beatriz

3

IN117A/17/028

Hermida González, Lucía

4

IN117A/17/022

López Gómez, Nahyr

5

IN117A/17/036

Varela Pérez, Irene

6

IN117A/17/032

Hermelo Jalda, Laura

7

IN117A/17/015

Lampón Lampón, Ramona

8

IN117A/17/017

Fernández Fernández, Yolanda

9

IN117A/17/002

Córdido Méndez, Pamela

ANEXO III

Lista de solicitudes non admitidas

Nº expediente

Apelidos

Nome

Causa/s non admisión

IN117A/17/030

Alén Martínez

Julio

Artigos 3.a), 3.c), 7.2.d) e 7.2.e) das bases reguladoras

IN117A/17/041

Jiménez López

Daniel

Artigos 3.a), 7.2.d) e 7.2.e) das bases reguladoras

IN117A/17/047

Silvosa Veiga

Alba

Artigos 3.a) e 7.2.e) das bases reguladoras

ANEXO IV

Lista de solicitudes desestimadas

Nº expediente

Apelidos

Nome

Causa desestimación

IN117A/17/018

Alba Gómez

Sara

Artigo 12.3 das bases reguladoras

IN117A/17/049

Álvarez Barreira

Raquel

Artigo 12.3 das bases reguladoras

IN117A/17/053

Area Martínez

Sandra

Artigo 12.3 das bases reguladoras

IN117A/17/042

Bergantiños Lillo

Noelia

Artigo 12.3 das bases reguladoras

IN117A/17/031

Bugueiro Miguel

Alfonso

Artigo 12.3 das bases reguladoras

IN117A/17/012

Castro Fernández

Cristina

Artigo 12.3 das bases reguladoras

IN117A/17/004

Castromil de Lombera

Evaristo

Artigo 12.3 das bases reguladoras

IN117A/17/026

Dacunha Pazos

Alberto

Artigo 12.3 das bases reguladoras

IN117A/17/025

Dono Costoya

Alba

Artigo 12.5 das bases reguladoras

IN117A/17/052

Duque Vázquez

Raquel

Artigo 12.3 das bases reguladoras

IN117A/17/029

Fernández Acevedo

Paula

Artigo 12.3 das bases reguladoras

IN117A/17/043

Fernández Castro

Beatriz

Artigo 12.3 das bases reguladoras

IN117A/17/027

Garnil García

Alexandra

Artigo 12.3 das bases reguladoras

IN117A/17/039

Gómez Valencia

Cristina

Artigo 12.3 das bases reguladoras

IN117A/17/010

González Pena

Adela

Artigo 12.3 das bases reguladoras

IN117A/17/038

Groveiro Paz

Roi

Artigo 12.5 das bases reguladoras

IN117A/17/007

Lafuente Castro

Cristina

Artigo 12.3 das bases reguladoras

IN117A/17/016

Lamuño Muñoz

Ángela

Artigo 12.3 das bases reguladoras

IN117A/17/011

Longarela Iglesias

Daniel

Artigo 12.3 das bases reguladoras

IN117A/17/023

Loureda González

Mª del Rocío

Artigo 12.3 das bases reguladoras

IN117A/17/005

Monzón Pérez

Enma

Artigo 12.3 das bases reguladoras

IN117A/17/044

Mosquera Estévez

Pablo

Artigo 12.3 das bases reguladoras

IN117A/17/024

Núñez Mouronte

Leticia

Artigo 12.3 das bases reguladoras

IN117A/17/040

Oseria Maradona

Genma

Artigo 12.3 das bases reguladoras

IN117A/17/055

Otero Cajaraville

Laura

Artigo 12.3 das bases reguladoras

IN117A/17/048

Pereda Legaspi

María

Artigo 12.3 das bases reguladoras

IN117A/17/019

Pérez Pallas

Noela

Artigo 12.3 das bases reguladoras

IN117A/17/009

Pérez Vilarelle

María José

Artigo 12.3 das bases reguladoras

IN117A/17/006

Picado Costa

Cintia

Artigo 12.3 das bases reguladoras

IN117A/17/051

Río Cotofre

Begoña Mª

Artigo 12.3 das bases reguladoras

IN117A/17/054

Riós Costa

Mª del Rocío

Artigo 12.3 das bases reguladoras

IN117A/17/033

Rodríguez Penas

Lidia

Artigo 12.3 das bases reguladoras

IN117A/17/037

Sangil López

Julián

Artigo 12.3 das bases reguladoras

IN117A/17/035

Santos Losada

Paula

Artigo 12.3 das bases reguladoras

IN117A/17/050

Silva Cruz

José Vicente

Artigo 12.3 das bases reguladoras

IN117A/17/021

Torre Quiñones

Manuel

Artigo 12.3 das bases reguladoras

IN117A/17/020

Vaquero Prieto

Laura

Artigo 12.3 das bases reguladoras

IN117A/17/045

Vázquez Aldao

Laura

Artigo 12.3 das bases reguladoras

IN117A/17/001

Vázquez Chousal

Guadalupe

Artigo 12.5 das bases reguladoras

IN117A/17/013

Vázquez Formoso

Carla

Artigo 12.3 das bases reguladoras

IN117A/17/014

Vilas Fuentes

Ariadna

Artigo 12.5 das bases reguladoras

IN117A/17/034

Villares González

Iria

Artigo 12.5 das bases reguladoras