Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 20 de xuño de 2017 Páx. 30143

III. Outras disposicións

Instituto Galego do Consumo e da Competencia

RESOLUCIÓN do 9 de xuño de 2017 pola que se concede unha bolsa de formación para o programa de traballo do Consello Galego de Consumidores e Usuarios, convocada por Resolución do 30 de decembro de 2016, e se establece a lista de reserva.

Mediante a Resolución do 30 de decembro de 2016 (DOG núm. 38, do 23 de febreiro de 2017), establecéronse as bases reguladoras para a concesión dunha bolsa de formación para o programa de traballo do Consello Galego de Consumidores e Usuarios, e procedeuse á súa convocatoria para o ano 2017.

Unha vez concluído o prazo de presentación de instancias e avaliadas as solicitudes presentadas de acordo cos criterios fixados no artigo 12 das bases reguladoras, a comisión de valoración elevou a persoa proposta para a concesión da bolsa e a lista de reserva para o caso de non aceptación ou renuncia da bolsa concedida.

En virtude do anterior, e de conformidade co establecido no artigo 14.2 das bases reguladoras,

RESOLVO:

Primeiro. Conceder a bolsa de formación para o programa de traballo do Consello Galego de Consumidores e Usuarios á persoa beneficiaria que se relaciona no anexo I desta resolución.

A bolsa estará dotada con 900 euros brutos por mes.

Segundo. Establecer a lista de reserva, por orde de prelación, que se indica no anexo II desta resolución para o caso de non aceptación ou renuncia da bolsa concedida.

Terceiro. Non admitir as solicitudes presentadas polas persoas que se relacionan no anexo III desta resolución por non cumpriren cos requisitos exixidos.

Cuarto. Desestimar as demais solicitudes presentadas ao abeiro da Resolución do 30 de decembro de 2016 por non cumpriren coas exixencias establecidas no artigo 12 das bases reguladoras (anexo IV).

Quinto. Dispoñer gastos mediante a expedición dos correspondentes documentos contables con cargo ás partidas orzamentarias 09.80.613A.481.0 (axudas e convenios para as organizacións de consumidores) e 09.80.613A.484.0 (cotas Seguridade Social bolseiros) dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o ano 2017, e que se destinarán ao pagamento da persoa bolseira e das custas da Seguridade Social.

A contía da bolsa calcúlase desde a data de incorporación da persoa beneficiaria ata o 31 de decembro de 2017.

Sexto. A persoa beneficiaria deberá comunicar a súa aceptación ou renuncia no prazo máximo de cinco días hábiles contados desde o seguinte ao da notificación desta resolución.

Transcorrido o dito prazo, se a persoa beneficiaria non se declarase en ningún sentido, entenderase que acepta a bolsa.

Así mesmo, no caso de que a persoa beneficiaria non acepte a bolsa ou non poida incorporarse por calquera outro motivo, poderá ser substituída polas persoas que figuran na lista de reserva en función da súa puntuación.

Sétimo. A persoa beneficiaria da bolsa terá as obrigas establecidas no artigo 20 das bases reguladoras (Obrigas da persoa beneficiaria).

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, cabe interpoñer recurso potestativo de reposición ante o órgano que a ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses que se contarán desde a mesma data. En todo caso, non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produza a desestimación presunta do recurso de reposición.

Notifíquese esta resolución ás persoas interesadas.

Santiago de Compostela, 9 de xuño de 2017

Sol Mª Vázquez Abeal
Directora do Instituto Galego do Consumo e da Competencia

ANEXO I

Persoa beneficiaria da bolsa de formación para o programa de traballo
do Consello Galego de Consumidores e Usuarios

Nº expediente

Solicitante

IN108A/17/30

Serralle Mallo, Carlos

ANEXO II

Lista de persoas suplentes, por orde de prelación, para cubrir as vacantes que se poidan producir por non aceptación ou renuncia da bolsa concedida

Nº expediente

Nome

Apelidos

1

IN108A/17/13

Lorena

Noguerol Lois

2

IN108A/17/31

Verónica

Piñeiro Soliño

3

IN108A/17/22

Patricia

Rilo Riveiro

ANEXO III

Lista de solicitudes non admitidas

Nº expediente

Apelidos

Nome

Causa/s non admisión

IN108A/17/24

Álvarez Alende

Ana

Artigo 3.c) das bases reguladoras

IN108A/17/11

Aquino Aquino

Nidia Esther

Artigo 3.b) das bases reguladoras

IN108A/17/20

Braña López

Lucía

Artigo 3.c) das bases reguladoras

IN108A/17/10

Castro Fernández

Cristina

Artigo 3.c) das bases reguladoras

IN108A/17/19

Chousa Carreira

Jessica

Artigo 3.c) das bases reguladoras

IN108A/17/04

Cordido Méndez

Pamela

Artigo 3.c) das bases reguladoras

IN108A/17/23

Gil Mosquera

Noelia

Artigo 3.c) das bases reguladoras

IN108A/17/18

Groveiro Paz

Roi

Artigo 3.c) das bases reguladoras

IN108A/17/21

Mosquera Estévez

Pablo

Artigo 3.c) das bases reguladoras

IN108A/17/12

Pérez Lago

Yolanda

Artigo 3.c) das bases reguladoras

IN108A/17/26

Silvosa Veiga

Alba

Artigo 3.a) das bases reguladoras

IN108A/17/17

Vila Ferreiro

Óscar

Artigo 3.c) das bases reguladoras

IN108A/17/02

Vilas Fuentes

Ariadna

Artigo 3.c) das bases reguladoras

IN108A/17/14

Villaverde Lorenzo

Margarita

Artigo 3.c) das bases reguladoras

ANEXO IV

Lista de solicitudes desestimadas

Nº expediente

Apelidos

Nome

Causa desestimación

IN108A/17/29

Area Nartínez

Sandra

Artigo 12.3 das bases reguladoras

IN108A/17/25

Caride Comesaña

Víctor Manuel

Artigo 12.3 das bases reguladoras

IN108A/17/09

Castro Leis

Rubén

Artigo 12.3 das bases reguladoras

IN108A/17/08

Castromil de Lombera

Evaristo

Artigo 12.3 das bases reguladoras

IN108A/17/07

Dacunha Pazos

Alberto

Artigo 12.3 das bases reguladoras

IN108A/17/27

Doce Martínez

Ana Belén

Artigo 12.3 das bases reguladoras

IN108A/17/16

Fernández Acevedo

Paula

Artigo 12.3 das bases reguladoras

IN108A/17/03

Lafuente Castro

Cristina

Artigo 12.3 das bases reguladoras

IN108A/17/28

Martínez Álvarez

Ismael

Artigo 12.3 das bases reguladoras

IN108A/17/15

Martínez López

Óscar

Artigo 12.3 das bases reguladoras

IN108A/17/05

Monzón Pérez

Enma

Artigo 12.5 das bases reguladoras

IN108A/17/33

Otero Cajaraville

Laura

Artigo 12.3 das bases reguladoras

IN108A/17/01

Picado Costa

Cintia

Artigo 12.3 das bases reguladoras

IN108A/17/34

Ríos Costa

M. del Rocío

Artigo 12.3 das bases reguladoras

IN108A/17/32

Ríos Gómez

María Cruz

Artigo 12.3 das bases reguladoras

IN108A/17/06

Sieira García

Diana

Artigo 12.3 das bases reguladoras

IN108A/17/ 35

Vázquez Vidal

Eva

Artigo 12.3 das bases reguladoras