Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 20 de xuño de 2017 Páx. 30198

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 da Fonsagrada

EDICTO (108/2015).

Carmen Dosuna Neto, letrada da Administración de xustiza, do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 da Fonsagrada, mediante este edicto, anuncio:

No presente procedemento ordinario 108/2015, seguido por instancia de Rosario Fernández Rodríguez fronte a José Osorio González, Herminio Couso Rico, José Luís Pasarín Fernández, Couso Quintana herdeiros de José María, Berta Ares Martínez, Justina Ares Couso, Servando Pasarín Ares, Cristina Pasarín Fernández, María Lucinda Ares Couso, María Leonor Ares Couso, Couso Quintana herederos de Francisco María, Couso Quintana herederos de Eugenio María e persoas descoñecidas e incertas, ditouse sentenza cuxo teor, encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza.

Lugar: A Fonsagrada.

Data: 30 de decembro de 2016.

Demandante: Rosario Fernández Rodríguez.

Avogada: Karina Vázquez Pedreira.

Procurador: Luís Felipe Rodríguez Fernández.

Demandados: José Osorio González; herederos de Mercedes Couso Quintana, José María Couso Quintana, Encarnación Couso Quintana, Generosa Couso Quintana, Francisco Couso Quintana, Eugenio Couso Quintana.

Avogada: María José Carreira Villalba.

Procuradora: Soledad Sierra Villaverde.

Decido:

Rexeito a demanda interposta por Rosario Fernández Rodríguez.

Cada parte deberá satisfacer as custas causadas pola súa instancia e as comúns por partes iguais.

Notifíqueselles ás partes.

Contra esta sentencia cabe recurso de apelación, que se interporá ante este xulgado, no prazo de vinte días, para posterior resolución por parte da Audiencia Provincial de Lugo.

Ao estar en situación de rebeldía procesual os devanditos demandados, persoas descoñecidas e incertas que poidan ter dereito sobre os inmobles obxecto de litixio, situados no concello da Fonsagrada, Vilamaior do Trobo, Caserío de Felipe ou Casa do Xastre, cos seus predios e todo o que lles é inherente, expídese o presente edicto co fin de que lles sirva de notificación en forma a estes.

A Fonsagrada, 20 de febreiro de 2017

A letrada da Administración de xustiza